Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alumnado do IES A Sangriña impulsa unha campaña para fomentar o uso do galego no comercio

O alumnado axudará na tradución e deseño de carteis e outros elementos informativos e publicitarios para crebar coa «discriminación» da lingua nos establecementos da vila.

O alumnado axudará na tradución e deseño de carteis e outros elementos informativos e publicitarios para crebar coa «discriminación» da lingua nos establecementos da vila.

Fecha: 17 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O proxecto «O galego, produto estrela» é unha iniciativa do Equipo de Normalización Lingüística do centro guardés en colaboración co Concello da Guarda.

O alumnado axudará na tradución e deseño de carteis e outros elementos informativos e publicitarios para crebar coa «discriminación» da lingua nos establecementos da vila.

O Equipo de Normalización Lingüística do Instituto de Educación Secundaria (IES) A Sangriña mantivo unha reunión con representantes das tres principais asociacións de comerciantes da vila para presentarlles a campaña «O galego, produto estrela», coa que o alumnado pretende normalizar o uso da lingua nos carteis e outros elementos informativos e publicitarios dos establecementos comerciais e hostaleiros da vila.


Os delegados das asociacións AGUDE, Mercado do Reló e ACIGU acolleron de bo grado a iniciativa, na que tamén se propón a ampliación das cartas de presentación dos produtos ofrecidos en cada comercio, facendo uso de varias linguas (portugués, inglés e francés, amais de galego) a fin de facer accesible o comercio local a todas e todos os turistas que visitan A Guarda.

Todo isto, sen esquecer o obxectivo principal da campaña: acabar coa «discriminación do galego» na vila, onde unha porcentaxe ínfima de establecementos comerciais fan uso do idioma, segundo sinalou o profesor de Lingua Castelá e coordinador do equipo, Denís Vicente. Nesta liña, a iniciativa busca fomentar e normalizar o uso do galego no comercio e ampliar os seus ámbitos de uso, engadiron Carla Vizoso e Andrea Maquieira, voceiras do equipo.

A concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, María Elena Baz, salientou a relevancia do feito de que sexan as xeracións máis mozas «as que empurran pola nosa lingua e aportan unha visión de futuro ao comercio e a hostalaría da vila».

«O galego, produto estrela»
A campaña é un proxecto do Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña en colaboración co Concello da Guarda, orientada á normalización do uso da nosa lingua expandindo o seu uso por todos os ámbitos da localidade, incidindo especialmente no sector servizos (comercio, hostalería, academias...).

A iniciativa chama á reflexión sobre a situación das linguas na Guarda, onde o número de persoas galegofalantes minguou de xeito moi significativo durante as últimas décadas; «unha perda moi grave para o concello», sinalou Denís Vicente. Así, o alumnado incidirá especialmente en dar visibilidade á lingua galega como atractivo e distintivo do comercio local, ademais de ofrecer a posibilidade de ampliar as cartas de presentación dos produtos facendo uso de varios idiomas.

Para isto, o alumnado que forma parte do equipo realizará as traducións que cada un dos establecementos comerciais precise. Así, por exemplo, traducirán os menús dos restaurantes, os anuncios, a sinaléctica e outros tipos de publicidade, nun proceso de «axuda mutua» coa que os e as empresarias guardesas poderán «ampliar os campos de clientela e venda». Nas próximas semanas, o alumnado dividirase en grupos e percorrerán os establecementos da vila para dar a coñecer a iniciativa, aberta á participación de todo o comercio guardés.


Sobre o equipo
O Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña naceu a comezos do actual curso académico e está formado por un grupo de preto de 30 mozas e mozos de diferentes cursos da ESO, bacharelato e ciclos formativos. O equipo, aberto á participación de todo o alumnado, é coordinado pola profesora de Plástica e Deseño, Beatriz Núñez, e o profesor de Lingua Castelá, Denís Vicente.

Ata o de agora, o equipo ten realizado proxectos en prol de movementos sociais e culturais, como charlas e festivais a favor do colectivo LGTBIQ ou a lectura dun manifesto na concentración feminista do pasado 8 de marzo. No que queda de curso, prevén realizar novas actividades nos ámbitos da música e o deporte.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones