Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O anel verde do Río Miño medra cunha nova actuación en A Guarda e conectará coas rutas costeiras a través da praia do Muíño

Carmela Silva lembra que o actual goberno provincial é o que máis ten investido no Baixo Miño e reafirma o compromiso co territorio transfronteirizo

Uxío Benítez sinala a importancia da rede de sendeiros galego ? portugueses como un dos maiores atractivos turísticos do sur da provincia

Fecha: 02 de Febrero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda asinaron hoxe un convenio para o acondicionamento da praia guardesa de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño. A actuación, enmarcada dentro do proxecto Visit Rio Minho, consistirá na conexión de dous sendeiros que desembocan no areal, un marítimo e outro fluvial, consolidando un novo treito do Anel Verde do río transfronteirizo formado por rutas galego - portuguesas xa consolidadas, un dos maiores atractivos do sur da provincia. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, coincidiron en destacar a relevancia desta actuación para recuperar un espazo natural de altísimo valor turístico e medioambiental.

Segundo explicou Uxío Benítez, o acondicionamento da praia do Muíño forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Río Miño', de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, en concreto dentro das actuacións comprendidas para a creación do ‘Anel Verde do Miño', que consiste nunha "rede de sendeiros que comprende máis de cen quilómetros de ciclovías e camiños pedestres entre Galiza e Portugal e é sen dúbida un dos maiores atractivos deste territorio e de todo o sur da provincia". Dentro do mesmo proxecto xa se teñen asinado convenios para outras actuacións similares nos concellos de Crecente, Arbo, As Neves, para a mellora e acondicionamento dos sendeiros tradicionais de pesca, e co consistorio de O Rosal, para a conexión dos sendeiros no ámbito do río Tamuxe.

No caso de A Guarda, o orzamento total ascende a case 200.000 euros, e "as actuacións previstas teñen unha dobre finalidade, por unha banda a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro lado, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía", apuntou o deputado de Cooperación Transfronteiriza.

Na actualidade o acceso á praia do Muíño consiste nunha plataforma de recheo e un muro, así como un aparcamento a pé de praia. O proxecto de mellora e recuperación do acceso ao areal inclúe a construción dunha rotonda cunha zona de carga e descarga, a creación dunha parada de bus, a ampliación das entradas ao areal e a rexeneración da praia mediante o retranqueo do muro de contención existente.

Investimentos no Baixo Miño

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembrou que "este é o primeiro Goberno da institución provincial que fai unha aposta firme por desenvolver o territorio do Baixo Miño", e destacou o gran número de investimentos realizados neste territorio "en tan só tres anos a medio". O compromiso desta Administración co sur da provincia, un entorno que cualificou como "único en Europa a nivel paisaxístico e medioambiental", tamén se materializou na creación da AECT Río Miño, "un instrumento que permite gobernar con intelixencia o territorio transfronteirizo". De igual xeito, asegurou que a creación dun "área de Cooperación Transfronteiriza, dirixida polo deputado Uxío Benítez, nos permitiu que os investimentos nesta zona chea de potencialidades, fosen unha prioridade e non un anexo" .


Turismo e protección natural

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, manifestou a súa satisfacción coa sinatura deste convenio e destacou a relevancia destas obras que "permitirán rexenerar unha das zonas máis importantes para o Concello dende un punto de vista turístico e medioambiental." Segundo explicou, o actual acceso ao areal "rompía a conexión coa natureza" e presentaba "certa degradación". Con estas actuacións "recuperaremos esta área converténdoa nunha paisaxe moi coidada, onde as persoas prevalecerán sobre os coches", evitando que os vehículos poidan chegar ata a beira da praia e que permitirán á cidadanía "gozar aínda máis se cabe deste entorno inigualable".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones