Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ANO CASTELAO ESTARÁ PRESENTE NOS PRINCIPAIS FESTIVAIS AUDIOVISUAIS DA PROVINCIA

O Play-Doc de Tui, o Festival de Cans, o FIC-Bueu e o Curtas Film Fest de Vilagarcía contan co apoio do ente provincial para a celebración das edicións deste ano

O Play-Doc de Tui, o Festival de Cans, o FIC-Bueu e o Curtas Film Fest de Vilagarcía contan co apoio do ente provincial para a celebración das edicións deste ano

Fecha: 11 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

"O Ano Castelao estará presente en todos os festivais audiovisuais de envergadura da provincia coa proxección de 'Miss Ledya', xusto no ano no que celebramos o centenario da estrea deste filme", anunciou esta mañá o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal. Nun acto público celebrado na sede do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, a Deputación, representada pola presidenta, Carmela Silva, e polo deputado Xosé Leal, deu conta do apoio do ente provincial aos catro festivais audiovisuais organizados por movementos asociativos: o Play-Doc de Tui, o Festival de Cans do Porriño, o FIC-Bueu, e o Curtas Film Fest de Vilagarcía. Un apoio que Carmela Silva fundamentou na "na necesidade de apoiar a todos os homes e mulleres que fostes capaces de poñer en marcha festivais con moitísima calidade e con recoñecemento internacional, e que colocastes lugares como Tui, Cans, Bueu e Vilagarcía no mapa mundial". Representando a estes catro certames participaron neste acto, Ángel Sánchez, produtor do Play-Doc; Keka Losada da Asociación Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, e o director do festival, Alfonso Pato; Manuel Pena, director do FIC-Bueu, e Antonio Castro da Asociación Film Fest.

Tanto a presidenta como o deputado de Cultura e Lingua incidiron na necesidade de crear unha estrutura de apoio de cara ao vindeiro ano e para iso, Xosé Leal anunciou que se convocará unha liña de subvencións específicas para festivais audiovisuais e festivais de teatro. "Este ano e no marco do Ano Castelao as axudas van orientadas a colectivos asociativos pero para o ano que vén abarcaremos outros certames que este ano non abarcamos a través dunha convocatoria específica de axudas" asegurou o deputado. Leal salientou que "falar destes catro festivais é falar dos grandes referentes a nivel galego e nalgúns casos tamén a nivel estatal e mundial", que ademais "inclúen ao sector audiovisual de todo o país e traen aquí cintas de carácter internacional". O deputado provincial tamén sinalou que "o sector audiovisual é un sector económico estratéxico para a provincia". No marco do Ano Castelao, os catro festivais contemplan na súa programación a proxección do considerado o primeiro filme galego de ficción 'Miss Ledya', con música en directo. No caso do Play-Doc, celebrado o pasado mes de abril, contou cunha interpretación do pianista lituano Karolis Biveinis, mentres que no Festival de Cans contará cunha composición de theremin, unha creación singular e específica para esta ocasión realizada por Paulo Nimoy, da banda Camarada Nimoy - será o venres 20 de maio ás 12 horas no Baixo de Moncho-. Nos festivais FIC-Bueu e Curtas Film Fest de Vilagarcía, as actuacións faranse públicas cando se presente o programa oficialmente. Con respecto a anos anteriores e tal como explicou Xosé Leal, este ano incluíuse por primeira vez aos festivais de Bueu e Vilagarcía nas axudas da Deputación, cunha achega de 6.000 euros para cada festival, e incrementouse a achega ao Play-Doc, que acadou este ano os 8.000 euros, e ao Festival de Cans, con 12.000 euros.

A presidenta da Deputación agradeceu aos representantes destes certames o seu labor "e tamén a todos os homes e mulleres anónimos que traballan para facer posibles estes festivais" e felicitounos asegurando "sodes a excelencia e sodes referentes". Carmela Silva tamén sinalou que "hai un halo moi potente que percorre a provincia de Pontevedra que é unha explosión cultural que se está a producir desde fai un tempo e que agora se comeza a percibir e que son os festivais de cinema e os festivais de música".

Pola súa banda, os organizadores e organizadoras dos festivais coincidiron en sinalar que a axuda das Administracións é fundamental para levar a diante os certames, que na maioría dos casos bota man dunha alta porcentaxe de traballo voluntario. Ángel Sánchez do Play-Doc, que celebrou a XII edición entre o 13 e o 17 de abril, destacou "o impacto económico do festival na comarca e a imaxe de aposta pola cultura, cunha marca consolidada e a aposta pola vangarda tanto no ámbito do estado como a nivel internacional". O Play-Doc caracterízase por apostar con éxito e dar visibilidade a un tipo de cinema á marxe dos circuítos comerciais, e sobre todo achegalo a unha ampla variedade de público. Nesta edición incluíu un programa especial dedicado ao cinema experimental da antiga Iugoslavia, con pezas mostradas en España por primeira vez. Un programa especial de Les Blank, un apartado programado por críticos internacionais, un seminario de crítica cinematográfica, obradoiros, e masterclasses. Segundo datos aportados por Ángel Sánchez contabilizaron 8.200 espectadores.

Keka Losada do Festival de Cans, que celebrará a XIII edición entre o 18 e o 21 de maio, asegurou que "o apoio das Administracións para nós é moi importante para poder sacar adiante catro días de programación moi diversa, cunha alta participación dos veciños e veciñas, cun público que vai desde os escolares ata os veciños máis maiores da aldea, e co que queremos dar a coñecer as cousas que se fan en Galicia e dar visibilidade aos nosos realizadores e realizadoras". Este festival celébrase na aldea de Cans facendo un paralelismo co nome e as datas de celebración do Festival de Cannes. Ademais da programación de curtas, complementa as proxeccións cun completo programa musical, roteiros, conversas, e sesións para centros escolares. Nesta edición inclúen o subprograma "Canstelao no Chimpín", coa proxección de Miss Ledya, o chimpín de Canstelao, sesión vermú coa música de Lela (da obra 'Os vellos non deben de namorarse), proxección de viñetas de Castelao antes de cada sesión de curtas, unha viñeta sobre Castelao na exposición de Siro López, e un roteiro a cargo de Xurxo Souto.

Manuel Pena do FIC-Bueu, que celebrará a IX edición entre o 10 e o 17 de setembro, sinalou que "grazas a ser incluídos nas axudas da Deputación este ano poderemos medrar como festival pero tamén reforzar os equipos organizativos". Pena lembrou que "vén de pecharse a recepción de cintas fai apenas dous días e recibimos 1.500 filmes dun centenar de países". Nesta edición que en palabras de Pena "contemplará un programa de alta calidade e diverso", teñen previsto incorporar unha terceira sesión ao Festiva e ampliar as actividades paralelas, ademais de reforzar o equipo de traballo encargado da posta en marcha e xestión do festival. No espazo de oito días inclúe oito categorías de concurso: competición oficial, sección emerxentes, sección iberoamérica, sección galega, sección escolas galegas, sección comedia, sección animación, e sección 'premios europeos'.

Antonio Castro do Curtas Film Fest, que este ano chega á 44 edición, salientou que "non só a dimensión cultural senón tamén a dimensión social do festival" e asegurou que "sen o apoio da Deputación para nós non sería posible sacalo adiante". O Curtas Film Fest celebrarase entre os días 24 de outubro e 1 de novembro e é o festival máis antigo a nivel galego e tamén do Estado español. Ten unha sección oficial de premios e inclúe un concurso de 'microcurtas' realizadas con dispositivos móbiles, o evento 'curtasfoto' , unha sección de viedoclips 'curtasclips', e de documental 'curtasdoc'. Unha das novidades previstas para este ano será o Curtas&Cómic con artistas do mundo do cómic, que se achegarán a Vilagarcía a presentar a súa obra, asinar exemplares e manter encontros co público.
Neste acto público tamén estiveron presentes Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, institución propietaria da copia orixinal de 'Miss Ledya'; e Ana Vicente, responsable do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico que, entre outras seccións, conta cun Arquivo Audiovisual de referencia con máis de 3.500 rexistros. En representación dos gobernos municipais dos catro concellos nos que se celebran estes festivais, estiveron presentes o concelleiro de Tui, Laureano Alonso Álvarez, a concelleira do Porriño, Soledad Girón, o concelleiro de Bueu, Carlos Eirea, e o concelleiro de Vilagarcía, Juan Antonio Pérez Callón.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones