Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ARQUEÓLOGO RAFAEL RODRÍGUEZ OFRECE EN OIA UNHA BARFERENCIA SOBRE O CASTRO DE SANTA TREGA

será este mércores 18 ás 20:00 horas na Casa da Henriqueta en Oia

Será este mércores 18 ás 20:00 horas na Casa da Henriqueta en Oia

Fecha: 18 de Mayo de 2016

Fuente: Costa dos Castros

Esta semana continúa o ciclo Conversas arqueolóxicas na Costa dos Castros coa charla "Unha de romanos... ou outra de castrexos?" a cargo de Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra.

A "barferencia" será este mércores 18 ás 20:00 horas na Casa da Henriqueta en Oia. Rafael vai falar das novas interpretacións do castro de Santa Trega, en base aos achados da última escavación neste impresionante asentamento milenario, que el mesmo dirixiu.

A idea deste ciclo é achegar a ciencia ao público nun entorno distendido como é o dun bar. A terceira e última barferencia será o próximo xoves 26 na cafetería A Riña. Nesta charla, "A serra do Ouro", o arqueólogo e profesor Gustavo Pascual Hermida vai dar a coñecer ao público as súas últimas investigacións sobre a minería antiga na Serra da Groba.

As Conversas Arqueolóxicas compleméntanse cunha serie de visitas guiadas á escavación no castro oiense de Chavella, que o equipo arqueolóxico agarda comezar nos próximos días.

Xa están en marchas as visitas guiadas ao castro, que se ofrecen todos os sábados e domingos ata o 5 de xuño ás 12:00 do mediodía. Ademais das visitas guiadas, a escavación sempre estará aberta a curiosos e visitantes.

Para subir ao castro de Chavella, a organización recomenda deixar o coche na casa forestal de Oia e seguir andando ata o castro (un quilómetro aproximadamente).

Tanto as barferencias como as visitas guiadas a Chavella son gratuítas e non é necesario inscribirse. Están organizadas pola Asociación Costa dos Castros coa colaboración do Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones