Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O asociacionismo guardés, máis vivo ca nunca

A IV Mostra Asociativa contou coa participación de 28 entidades da vila e unha afluencia de público excepcional

A IV Mostra Asociativa contou coa participación de 28 entidades da vila e unha afluencia de público excepcional

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

• A IV Mostra Asociativa contou coa participación de 28 entidades da vila e unha afluencia de público excepcional
• A V Carreira de Carrilanas organizada pola Festa das Mercedes da Gándara congregou a milleiros de persoas.


Este ano 2022 o movemento asociativo da Guarda retomou con moita forza e ilusión a súa festa asociativa tras dous anos do descanso obrigatorio imposto pola pandemia.

Na xornada do pasado sábado día 10 de setembro as asociacións e colectivos deportivos, culturais e sociais da Guarda voltaron á rúa para participar na IV edición da Mostra asociativa.

A IV edición da Mostra Asociativa arrancou ás 15:30 horas na Praza Avelino Vicente coa Performance de Trans Miño e actuación de Asociación Studio 88, seguido dunha actuación musical e de baile conxunta entre o Coro Arpegios Cantábile, Na Revolta, Xamaraina e Vento Mareiro.

A Asociación Alfombras da Guarda continuaba a programación cunha entretida peza teatral na que tamén colaborou Coiro Vello, para proseguir a Asociación FOCO cunha Performance da rapazada do Proxecto Axentes Antibulos.

A Exhibición de Baile e Danza do grupo Dansá do CD Baixo Miño congregou a moito público para dar paso á derradeira actividade desta edición, a V edición da Carreira de Carrilanas organizada pola Festa das Mercedes da Gándara, unha proba que este ano trasladouse ata o casco urbano e que contou coa participación dun total de 11 bólidos e 6 driftrikes, ademais dunha afluencia de espectadores moi significativa, con milleiros de persoas que se congregaron ao longo da Rúa Concepción Arenal para presenciar esta proba.
En palabras de Fátima Rodríguez, Concelleira de Desenvolvemento Local, “A IV Mostra Asociativa, coa participación de 28 stands de colectivos guardeses, sirve para que as entidades poidan expor parte do seu traballo e ensinen e divulguen as súas accións e actividades.” Este ano contouse cunha ampla programación con de actividades diversas como xogos(interactivos, tradicionais...), obradoiros de nós, chapas, probas de remo ergómetro, sorteos, ...

Esta edición da Mostra Asociativa, que xa se consolida no calendario anual de eventos, ven a por de manifesto unha vez máis que o municipio brilla coa presenza de moitas das entidades que dia a día realizan actividades, idean proxectos e prestan apoio, para facer da Guarda un lugar máis cooperativo, participativo e dinámico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones