Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O audiovisual -Memorias de Oia- estréase este venres na Semana Cultural de Pedornes

Oia compila as lembranzas dos seus maiores, venres 9 de novembro ás 18.30 horas en Pedornes

Oia compila as lembranzas dos seus maiores, venres 9 de novembro ás 18.30 horas en Pedornes

Fecha: 09 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Oia

O Centro Cultural de Pedornes acolle este venres a estrea do audiovisual Memorias de Oia, unha compilación de vivencias e anécdotas coas que as persoas maiores de diversos lugares do municipio lembran e describen como era a vida en Oia nos seus anos mozos. Relatos sobre o traballo, dificultades, festas e historias do día a día narradas polos seus propios protagonistas co obxectivo de evitar que todo este patrimonio inmaterial caia no esquecemento.

A proxección será o próximo venres 9 de novembro ás 18.30 horas, dentro da programación da XXXII Semana Cultural de Pedornes.

O traballo audiovisual é froito de meses de traballo no deseño e desenvolvemento das entrevistas e a edición de todo o material gravado. Trátase dun documental de aproximadamente hora e media de duración a través do que se poderá descubrir a realidade histórica de Oia ao tempo que se pon en valor o patrimonio inmaterial: costumes, tradicións, oficios e especialmente a lingua galega e as variantes dialectais da zona.

Este proxecto é unha iniciativa do Concello de Oia e contou cun investimento total de 2.202,20 euros, financiados cunha subvención
da Xunta para a promoción do uso da lingua galega (1.595 euros) e máis cunha achega municipal.

O documental foi gravado por Samaín Producións e contou coa colaboración de Patricia Muñoz da Asociación Costa dos Castros e de Chicho, veciño de Pedornes que achegou material audiovisual histórico. Tamén hai que destacar a axuda das familias das persoas entrevistadas, as cales brindaron a súa amabilidade e dispoñibilidade á hora de organizar as sesións.

Debido á grande cantidade de material recollido dentro do proxecto Memorias de Oia, e tendo en conta que o proceso de entrevistas aínda permanece aberto, nos vindeiros meses editarase unha segunda parte do documental.


Obradoiro de curtas

Por outra parte, dentro da programación de actividades da XXXII Semana Cultural de Pedornes tamén se inclúe a proxección do audiovisual realizado polos mozos e mozas participantes no obradoiro de iniciación á curtametraxe en galego, unha actividade organizada polo Concello de Oia, impartida por Samaín Producións e cofinanciada pola Deputación de Pontevedra.

A curta proxectarase este xoves 8 de novembro ás 18.30 horas no Centro Cultural de Pedornes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones