Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DECIDE NON APOIAR AO CANDIDATO DO PSOE DA GUARDA PARA A ALCALDÍA DA GUARDA

En vista da insalvable diferencia de prioridades entre o BNG e PSOE para A Guarda o BNG ve imposible apoiar ao candidato do PSOE e votará ao seu propio candidato no pleno de investidura

En vista da insalvable diferencia de prioridades entre o BNG e PSOE para A Guarda o BNG ve imposible apoiar ao candidato do PSOE e votará ao seu propio candidato no pleno de investidura

Fecha: 15 de Junio de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

Despois da confirmación de que o PSOE ten intención de formar un goberno en minoría na Guarda e de terse reunido con representantes do PSOE para coñecer as liñas mestras que este partido considera prioritarias para a lexislatura que se inicia a organización nacionalista someteu a valoración da súa asemblea a decisión de apoiar ou non a investidura do candidato do PSOE.

Dende o BNG consideran que as diferencias na liña política entre o que o PSOE propón e as pretensións do BNG para a Guarda son o suficientemente grandes como para impedir que os concelleiros nacionalistas apoien a investidura do candidato do PSOE.

"Pareceunos decepcionante que entre as prioridades que o PSOE nos presenta para tentar consensuar nesta lexislatura non apareza unha soa mención á promoción de emprego, a servizos sociais, a axudas de emerxencia social, a políticas de igualdade, a promoción do comercio local... nin unha soa cuestión de carácter social"; declarou o candidato do BNG-Asembleas Abertas, Ángel Baz.

Dende o BNG instan ao xa alcalde da Guarda a revisar as prioridades do seu goberno e afirman que o grupo municipal do BNG garantirá que os temas que realmente considera importantes para o desenvolvemento da Guarda e os seus veciños e veciñas estean presentes no concello durante esta lexislatura.

O Bloque Nacionalista Galego traballará dende a oposición aportando as propostas que xa se adiantaban no seu programa e poden axudar a mellorar A Guarda e a vida das súas veciñas e veciños. Afirman que o grupo de goberno contará co apoio nacionalista naquelas propostas que realmente vaian encamiñadas a facer realidade a transformación que a Guarda precisa e sexan beneficiosas para a maioría social da vila, mais tamén exercerá as súas obrigas de control ao goberno de xeito rigoroso.
 
O grupo de goberno poderá contar co BNG para levar adiante medidas que realmente beneficien ás guardesas e guardeses pero sobre todo os guardeses e guardesas van poder contar sempre co BNG para impedir que o goberno leve adiante calquera medida que non teña como punto central as necesidades do pobo; afirmou Ángel Baz.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones