Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG comunica ao concello de Oia que o concelleiro Xoan Lois Vila deixa de pertencer ao seu grupo municipal

O concelleiro xa tiña manifestado nos pasados meses a súa intención de deixar de formar parte do grupo municipal do BNG e continuar como concelleiro non adscrito na corporación de Oia.

O concelleiro xa tiña manifestado nos pasados meses a súa intención de deixar de formar parte do grupo municipal do BNG e continuar como concelleiro non adscrito na corporación de Oia.

Fecha: 14 de Septiembre de 2017

Fuente: BNG - Oia

O Bloque Nacionalista Galego ven de comunicarlle formalmente ao concello de Oia que Xoan Lois Vila, que até o de agora formaba parte do grupo municipal do BNG depois de terse presentado na candidatura BNG-Asembleas Abertas nas pasadas eleccións municipais, deixa de formar parte do grupo municipal da organización nacionalista.

O concelleiro xa tiña manifestado nos pasados meses a súa intención de deixar de formar parte do grupo municipal do BNG e continuar como concelleiro non adscrito na corporación de Oia.

Tras estas manifestacións solicitóuselle dende a organización do BNG que en caso de non querer seguir representando a candidatura coa que se presentou as eleccións, renunciase á acta de concelleiro para que outra persoa da candidatura asumise esta responsabilidade.
Tras varias conversas e ante a decisión do concelleiro de non entregar a acta nin estar disposto a traballar conxuntamente co resto das persoas que forman parte da organización, procedeuse a comunicar ao Concello de Oia que o concelleiro Xoan Lois Vila deixa de representar a partires de agora á candidatura coa que se presentou ás eleccións.

Dende o Bloque Nacionalista Galego explican que na organización nacionalista sempre entenden que o traballo político nas institucións é un labor conxunto e plural de todas as persoas que forman parte deste proxecto. Por este motivo consideran inasumible que un concelleiro poida seguir formando parte do seu grupo municipal sen ter contacto coa organización local e comarcal da que forma parte.

Pola súa banda, a Asemblea Local do BNG en Oia manifesta que manterá o seu traballo con determinación e entusiasmo na defensa dos intereses da veciñanza de Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones