Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG congratúlase da adhesión do concello da Guarda a Plan Revitaliza de compostaxe

Despois de 3 anos de mocións e escritos presentados polo BNG, ao final o goberno do PSOE caeu da burra e adhírese ao Plan Revitaliza de Compostaxe da Deputación de Pontevedra

Despois de 3 anos de mocións e escritos presentados polo BNG, ao final o goberno do PSOE caeu da burra e adhírese ao Plan Revitaliza de Compostaxe da Deputación de Pontevedra

Fecha: 11 de Diciembre de 2018

Fuente: BNG A Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO congratúlase polo cambio de opinión do Alcalde da Guarda e do goberno municipal do PSOE, que despois de 3 anos decidiu integrarse dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

"Tiveron que pasar 3 anos, 3 anos perdidos de axudas para o desenvolvemento dunha estratexia de xestión do lixo baseada na compostaxe. Como sempre os concellos da comarca anticipáronse á Guarda, grazas a un goberno totalmente sumido na inacción e na autocompracencia", comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

O Plan Revitaliza nas diferentes liñas de apoio, sufragaría as asistencias técnicas para a redacción dun Plan municipal de recollida e tratamento dos residuos domiciliarios, a adquisición de vehículos, minitrituradoras, ...
"Preocúpanos o descoñecemento do Plan Revitaliza do grupo de goberno, cando o seu concelleiro delegado nin sequera sabe de que van as liñas de dito plan. Un despropósito do goberno do PSOE", sinala Anxo Baz.

O BNG pula por un modelo de xestión do lixo diferente ao que se está a desenvolver na Guarda, cunha decidida aposta pola compostaxe, por un tratamento máis respectuoso do medio ambiente, lembrando que ademais do aforro da factura que temos que pagar a SOGAMA, significaría a creación de postos de traballo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones