Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG CONGRATÚLASE POLA RECTIFICACIÓN DO GOBERNO GUARDÉS NA REFORMA DO CALVARIO

A humanización do Calvario irá totalmente empedrada sen discriminar a ninguén tal como esixía o BNG

A humanización do Calvario irá totalmente empedrada sen discriminar a ninguén tal como esixía o BNG

Fecha: 04 de Febrero de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego quere amosar a súa satisfacción pola rectificación do goberno municipal do PSOE ante as queixas dos veciños e veciñas do Calvario e as iniciativas presentadas polos BNG para realizar unha mellora nas obras de reforma da rúa Calvario.

O BNG lembra que goberno guardés do PSOE pretendía deixar a tres vivendas cun piso de formigón a diferencia do empedrado destinado para o resto da rúa.

Dende o BNG reclamamos igualdade de trato para toda a veciñanza da rúa, máxime ao se tratar dun "fondo de saco"( rúa sen saída) onde entendemos que se deberían aplicar todos os esforzos e detalles para convertelo nun recuncho acolledor e atractivo.

"Despois de termos conversado coa veciñanza, na nosa insistencia ante o inxusto do proxecto, o grupo de goberno do PSOE veuse na obriga de rectificar e realizar o empedrado de xeito uniforme toda a rúa", comentou o portavoz municipal do BNG Ángel Baz.

Dende o BNG congratulámonos por este cambio acertado con repecto ao proxecto inicial, insistíndolle ao grupo de goberno en que non escatime esforzos nese recunchiño englobándoo dentro da contorna da histórica praza de Santo Tomás.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones