Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG CRITICA O DESINTERESE DO PSOE POLA PROMOCIÓN DA FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO NA GUARDA

Entre a abstención do PP e o desinterese do PSOE, o mes de Rosalía pasará desapercibido

Entre a abstención do PP e o desinterese do PSOE, o mes de Rosalía pasará desapercibido

Fecha: 06 de Febrero de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para a promoción da figura de Rosalía de Castro que saiu aprobada coa absteción do PP.

O BNG leva anos presentando no primeiro pleno do ano unha moción para a promoción da figura da escritora galega máis universal. Mais cando o ano pasado parecía que por fin o goberno local do PSOE decidíase a pór en valor a figura da nosa poetisa apoiando a moción do BNG, tal e como vimos comprobando quedou nun mero xesto para a galería.

Para o BNG a actitude do grupo de goberno do PSOE é de dobre cara, por unha banda aproba as mocións do BNG para a promoción da imaxe de Rosalía de Castro, tal e como acaba de ocorrer no último pleno, e logo non fai apenas esforzos para cumprila.

A falta de interese pola figura de Rosalía de Castro amosado polo grupo de goberno do PSOE, xa non só é extensíbel ao Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, se non que tamén podemos facelo á súa concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez.

Dende o BNG vese con preocupación que a concelleira de cultura diga que a figura de Rosalía vai estar representada cos actos que nos dea tempo facer.

"A falta de planificación sobre os actos da figura de Rosalía de Castro, soamente amosa incapacidade ou falta de interese. Tamén poden ser as dúas" comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG.

O BNG entende que a concelleira de cultura, que ten unha dedicación parcial, ten que presentar un programa de actos ou eventos traballado dende hai meses, contactando coas asociacións culturais, colexios, escolas e promovendo dende unha simple pancarta no concello até lecturas, murais e conferencias sobre a figura de Rosalía de Castro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones