Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG cualifica os orzamentos 2.018 de continuístas e sen proxecto de futuro para a Guarda

O BNG pula por un cambio de modelo que reverta a preocupante perda de poboación que sofre a Guarda. Estes orzamentos non afondan

O BNG pula por un cambio de modelo que reverta a preocupante perda de poboación que sofre a Guarda. Estes orzamentos non afondan

Fecha: 19 de Marzo de 2018

Fuente: BNG - A Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO volveu votar en contra, por segunda vez, aos orzamentos presentados polo goberno municipal do PSOE.

Para o BNG estamos ante uns orzamentos que cualifican de continuístas e que non abordan o problemas fundamentais que ten A Guarda.

Dende o BNG critican a falta de partidas que comprometan na mellora da mobilidade do concello, tanto do centro como das parroquias, como os proxectos de seguridade viaria para A Sangriña e para "Solanas".

"O problema máis importante da Guarda é a perda de poboación que levamos sufrindo nos últimos anos. É deber do concello criar as condicións axeitadas para que isto cambie e para iso necesitamos facer un concello acolledor para as persoas, é dicir un cambio de modelo ao actual", comentou Ángel Baz portavoz muncipal do BNG.

Para o BNG "axudas á educación" son ridículas: 3.000€, con ausencia de programas educativos para o alumnado con máis necesidades.

A xestión do lixo pasa de 225.000 € a 232.000€, mentres o goberno do PSOE renuncia ao Plan Revitaliza que fomenta o aforro e a compostaxe.

Non hai partidas para programas de promoción de emprego, así como, totalmente insuficiente as partidas para emerxencia social, algo que levamos denunciando orzamento tras orzamento, mentres nos permitimos o luxo de gastar 40.000 € en pintar o espigón, infraestrutura de competencia da Xunta, algo que roza o esperpéntico.

Reforma de Concepción Arenal e Rúa San Caetano
Ante as información que se están vertendo nos medios de comunicación, o BNG quere deixar claro que a única forza política que asegurou que a reforma de Concepción Arenal ía contar con orzamento para a súa execución foi o propio BNG, que xunto co grupo de goberno votaron favorablemente ao convenio coa Deputación, "tal convenio" é o que asegura ese financiamento tanto dentro duns orzamentos novos como duns orzamentos prorrogados.


En canto a mellora da rúa S Caetano é unha obra que tiña que vir no Plan Concellos 2.017, o PSOE atrasouna inexplicablemente para o Plan Concellos 2.018, esperamos a súa execución para o presente ano, polo que esta obra nada ten que ver cos orzamentos 2.018.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones