Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O BNG da Guarda vai facilitar a aprobación da Conta Xeral para impedir a perda de máis subvencións

Anxo Baz -ante o desleixo e debilidade do Goberno do PSOE precisamos actuar con altura de miras-

Anxo Baz -ante o desleixo e debilidade do Goberno do PSOE precisamos actuar con altura de miras-

Fecha: 15 de Enero de 2020

Fuente: BNG A Guarda

O portavoz municipal do BNG Anxo Baz, manifestou que "frente ao desleixo e debilidade do goberno do PSOE precisamos actuar con altura de miras para frear a emorraxia de axudas perdidas por non seren capaces de presentar a Conta Xeral a tempo".

O feito de non ter presentado no prazo requerido a Conta Xeral por parte do goberno do PSOE, levounos xa a non poder optar a tres subvencións da Xunta de Galiza como no seu momento denunciamos dende o BNG.

As subvencións as que xa non podemos optar son aquelas destinadas a recuperación e tratamento paisaxístico do contorno dos recursos turísticos, recuperación ou mellora de miradoiros, sendeiros, rutas, a adecuación de espacios destinados ao estacionamento de vehículos, asi como ao embelecemento das vías, ocultamento de colectores de residuos, eliminación de cableado aéreo, recuperación de elementos de interese etnográfico ou de arquitectura tradicional, ademais de proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo para os anos 2020 e 2021.

De non aprobarse a conta xeral canto antes, as axudas para a festa da lagosta ou para novas infraestructuras perderíanse tamén algo do que o BNG non vai ser complice. Este é o motivo polo que facilitaremos a aprobación da Conta Xeral.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí