Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG de Oia pide que se respecte a prohibición do uso de glifosato no noso concello

O BNG de Oia apoia a Asociación Ecoloxista do Baixo Miño na mobilización contra o uso do glifosato nas nosas estradas e esixe que desde a Administración Local se tomen as medidas oportunas para facer respectar a prohibición do seu uso no noso Concello.

O BNG de Oia apoia a Asociación Ecoloxista do Baixo Miño na mobilización contra o uso do glifosato nas nosas estradas e esixe que desde a Administración Local se tomen as medidas oportunas para facer respectar a prohibición do seu uso no noso Concello.

Fecha: 18 de Junio de 2019

Fuente: BNG Oia

Desde hai anos, diferentes asociacións ecoloxistas veñen denunciando o uso do glifosato, un herbicida, que se expande pola terra e pola auga, e a través delas aos cultivos cos que nos alimentamos e a auga que bebemos nós e outros seres vivos. O problema é que o glifosato, como recoñece a Organización Mundial da Saúde é canceríxeno para os seres humanos e os animais; ten graves impactos negativos no medio ambiente e reduce a biodiversidade.

Por estas razóns, e a pesar dos intereses económicos que apoian o uso deste produto, cada vez máis persoas están concienciadas sobre a necesidade de eliminar o uso de substancias químicas perigosas para os seres vivos. Grazas a esta sensibilización, na Unión Europea preséntanse iniciativas cidadás para prohibir o seu uso e numerosos gobernos e Administracións Locais decidiron adherirse a esas iniciativas.

Precisamente, e por estas razóns, o Concello de Oia aprobou en 2018 por unanimidade a prohibición do uso deste perigoso herbicida.

A pesar deste acordo, a Xunta de Galicia, segue usando o veleno e envía máquinas, que nin sequera teñen identificación para sulfatar polas beiras das nosas estradas e nalgúns casos, mesmo ao pé das casas.

Ademais, a herba e matogueira seca pola beira dos camiños, aumenta a posibilidade de que se produzan incendios, xustamente na época en que hai máis perigo. No canto de rozar e limpar a franxas de seguridade, a Xunta de Galicia contribúe con estas prácticas a "botarlle leña ao lume".

Por todo isto, o BNG de Oia apoia a Asociación Ecoloxista do Baixo Miño na mobilización contra o uso do glifosato nas nosas estradas e esixe que desde a Administración Local se tomen as medidas oportunas para facer respectar a prohibición do seu uso no noso Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí