Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG DENUNCIA A FALTA DE FUNCIONAMENTO DO FERRY CAMINHA-A GUARDA EN SEMANA SANTA

O BNG preocupado coas consecuencias para a economía local pola falta deste servizo

O BNG preocupado coas consecuencias para a economía local pola falta deste servizo

Fecha: 01 de Abril de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

O BNG ve con preocupación a actual situación de parálise na que está o transbordador entre Caminha e A Guarda, máxime despois dos anuncios en prensa da posta en marcha do servizo para o período de vacacións de Semana Santa.
Para o BNG resulta escandaloso o silencio e a falta de alternativas do goberno municipal do PSOE, cando hai unhas semanas estábase anunciando nos medios de comunicación que o servizo do transbordador entre Caminha e a Guarda ía estar en funcionamento para semana santa.
O BNG esixe explicacións ao goberno municipal sobre cales son as iniciativas que están levando acabo para dar unha alternativa a actual situación de parálise, xa que nen sequera existe información axeitada na oficina de cobro de billetes sobre como pasar a Portugal.
"Unha vez máis o comercio guardés ten que ver, a falta do servizo entre a Guarda e Caminha, como unha oportunidade perdida nunha vila que presume de turística" comentou Ángel Baz, candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía da Guarda.
O BNG solicita unha solución definitiva
Dende a formación nacionalista lévanse anos presentando iniciativas para buscar unha solución definitiva e integrada desta comunicación fluvial na desembocadura do río Miño.
Para o BNG levamos anos perdidos poñendo parches a un problema que demanda de políticas valentes, cun goberno municipal que afronte seriamente este problema. O actual grupo de goberno do PSOE tivo unha actitude pasiva, electoralista e submisa aos Gobernos centrais do PSOE e do PP, aceptando por bos uns dragados parciais antes dunhas eleccións que o BNG xa asegurou no seu momento que non eran suficientes.
Hoxe, volvemos a estar no mesmo punto de partida, ou peor, neste momento a comunicación leva un ano interrompido sen que ninguén do goberno municipal do PSOE dese explicacións e ofrecese algunha alternativa á sociedade guardesa e aos seus representantes políticos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones