Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG DENUNCIA A INCOMPETENCIA DO ALCALDE DA GUARDA POR XOGAR CO PXOM

Os únicos responsábeis de que a Guarda non teña o PXOM actualizado é do PSOE con 8 anos de goberno, 4 de maioría absoluta

Os únicos responsábeis de que a Guarda non teña o PXOM actualizado é do PSOE con 8 anos de goberno, 4 de maioría absoluta

Fecha: 12 de Diciembre de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

O BNG votou en contra da aprobación inicial do PXOM no pleno celebrado hoxe venres día 11.
Para o BNG resulta inaudito que o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, levase a pleno a aprobación do PXOU co ditame desfavorábel da Comisión de Urbanismo, nunca antes isto sucedera.
O PSOE volve colar nunha campaña electoral un tema de urbanismo tal como sucedeu co "Convenio urbanístico do Colexio dos Xesuítas" . Daquela o BNG dixo que non era o mellor momento, a catro días das eleccións municipais, para aprobar un convenio que ía condicionar o futuro plan xeral da Guarda, de feito está incorporado. O PP e o PSOE aprobárono co voto en contra do BNG, hoxe o PSOE volve cometer o mesmo erro.
"O alcalde di levar realizado esforzos para aprobar o plan xeral, pero actúa de xeito totalmente contrario. Solicitamos información no mes de xullo foinos entregada a mediados de novembro e despois de ser advertido o alcalde, por este portavoz, polo que non había moita présa por tratar o tema", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
O BNG sinala que o PSOE estivo gobernando durante 8 anos, catro con maioría absoluta, e non fixeron nada, soamente desculpar o atraso polos continuos cambios da lexislación. Agora, ás portas dunha nova "lei do solo" parece que pretende apurar unha aprobación inicial intentando presionar na oposición, sabendo que terán que adaptar o PXOM á nova lei. Por certo, que a tramitación da "nova lei do solo" era coñecida hai ano e medio.
O BNG considera unha "indecencia" que o Alcalde da Guarda e o PSOE utilicen, unha vez máis, aos afectados das anulacións das 21 licenzas como pretexto para unha aprobación do PXOM que non lles garante a solución desexada.
Outra das cuestións é a inexistencia de equipo redactor, xa que decidiron rescindir o contrato co concello, polo que non hai quen conteste as alegacións que os veciños e veciñas poidan presentar. No caso de contratar a unha nova empresa tería que responder dun plan que non deseñou .Para o BNG isto é un esperpento.
O BNG sinala que existen varios informes preceptivos que cuestionan a actual redacción do PXOU, é dicir, que os mesmos que teñen que aprobar realmente o plan, a Xunta, xa están advertindo que existen erros, algo que o BNG avisou no seu momento, e ninguén, nin o goberno nin o equipo redactor, xustificaron correccións.
Para o BNG se hai alguén responsábel de que non haxa un novo PXOM na Guarda é, única e exclusivamente, o PSOE.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí