Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O BNG DENUNCIA O DESINTERESE DO GOBERNO MUNICIPAL DA GUARDA POLO ESTADO DAS RAMPLAS DA ARMONA

Os nacionalistas acompañados de usuarios e usuarias realizaron unha visita para comprobar o estado de deterioro de ditas ramplas.

Os nacionalistas acompañados de usuarios e usuarias realizaron unha visita para comprobar o estado de deterioro de ditas ramplas.

Fecha: 25 de Agosto de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

O BNG denuncia o desinterese do grupo de goberno do PSOE polo estado no que están as ramplas de acceso as praias na zona da Armona.

Os nacionalistas acompañados de usuarios e usuarias realizaron unha visita para comprobar o estado de deterioro de ditas ramplas. Así, observouse o estado da madeira ruinoso, zonas totalmente podres, fendas no firme, e os parafusos dos taboleiros desprendidos, ...

"Chama atención que estas infraestruturas foron deseñadas para facilitar a accesibilidade aos areais e para tratar de salvagardar a contorna dunar da zona. Hoxe, tanto usuarios como a contorna están desprotexidas, froito do nulo mantemento por parte do goberno local", comentou o portavoz nacionalista Ángel Baz.

Para o BNG estas infraestruturas deben ter un mantemento continuado ao longo do ano, xa que corremos o risco de lamentar unha desgraza en calquera momento, sen esquecer a mala imaxe turística que amosamos en plena tempada de verán.

Unha visita institucional sen resultados

Sorprende que a principios de agosto pasaran por esta zona o goberno municipal, co Alcalde Antonio Lomba á cabeza, e o presidente da Entidade Menor de Camposancos acompañando á xefa de Costas do Estado, Cristina Paz-Curbera, e o estado da Armona segue a ser o mesmo.

Dende o BNG entendemos que o goberno municipal ten coñecemento do estado da Armona, dos problemas de accesibilidade ao areal e da afectación ambiental, pero son insensíbeis a esta realidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí