Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO DE CAMPOSANCOS

O BNG insta ao presidente da ELM a que se poña a traballar para mellorar a limpeza de Camposancos

O BNG insta ao presidente da ELM a que se poña a traballar para mellorar a limpeza de Camposancos

Fecha: 25 de Mayo de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel o estado de limpeza e conservación de diferentes puntos de Camposancos.

Temos zonas como a do paseo pola beira do río Miño con valados caídos, pisos das pasarelas rotos, escaleiras de aceso a praia do muíño con grandes buratos, saídas de tubaxes que reciben a auga da chuvia á vista, facendo auténticas canteiras na area, sendo o estado da praia deplorábel.

Mais o BNG asegura que o resto de Camposancos tamén hai deficiencias como a "auténtica selva" na que se ten transformado o parque do Palomar pola falta de mantemento. Tamén habería que engadir a rotonda que hai detrás do colexio dos Xesuítas, no que as herbas apenas deixan ver as sinalizacións de tráfico.

Outros puntos son a subida ás Torres, rúa Outeiro, onde hai varios treitos a piques de afundir, chamando a atención que esta zona fixéronse obras de mellora do firme, trala aprobación dunha moción do BNG, hai pouco tempo: o que non é comprensíbel é que despois de ter presentados escritos e reclamacións nos plenos tanto o Concello da Guarda como o Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos non esixen a empresa a garantía de obras e que realice unha reparación en condicións do firme.

"As camposinas e camposinos merecemos un mellor trato que o que nos está a dar tanto o presidente da Entidade como o Alcalde da Guarda, os dous do PSOE. A limpeza e decoro de Camposancos debe ser constante e non unha vez ao ano para xustificase", comentou Merchi Martínez, Vogal do Bng na Entidade Local Menor de Camposancos.

Dende o BNG instamos ao Presidente da Entidade Local Menor e ao Concello da Guarda que se poñan a traballar e tomen as medidas oportunas para solucionar o estado de abandono ao que teñen sometido a Camposancos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones