Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O BNG denuncia que o acordo de PSOE, PP e Fani Iglesias por Fínola é un regalo de 300.000 ? para a banca

A compra de Fínola supón un gasto de 300.000 ? por uns terreos que co actual planeamento xa son do Concello

A compra de Fínola supón un gasto de 300.000 ? por uns terreos que co actual planeamento xa son do Concello

Fecha: 01 de Agosto de 2018

Fuente: BNG - A Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO manifesta o total rexeitamento ao acordo entre PSOE, PP e Fani Iglesias para comprar a finca de Fínola, por ser un regalo para a banca.

O BNG sempre considerou importante que a Finca de Fínola, a día de hoxe propiedade da banca, fora patrimonio do Concello.

O desenvolvemento de todo o PERI suporía para o Concello da Guarda 5.000 m2 de espazos públicos para o pobo da Guarda totalmente gratuítos, que é case o dobre do que pretenden mercar. Polo que deberan explicar quen son os auténticos beneficiarios desta manobra de compra-venda.

"En vez de optar por esta medida que contempla a lei, sorprendentemente o Alcalde da Guarda e o do PSOE co apoio do PP e de Fani Iglesias vai despilfarrar máis de 300.000 € en mercar un terreo que utilizando a lexislación vixente sería do Concello",comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG advirte que o Concello da Guarda pode modificar o PERI para desenvolver toda a zona como mellor beneficie ao conxunto do pobo da Guarda. Pode modificar o debuxo da área, o tipo de xestión.. que levaría, incluso a aumentar os equipamentos para o concello.

Para o BNG ou o goberno municipal do PSOE e os seus aliados neste negocio (PP e Fani Iglesias) son uns incompetentes ou deben explicar quen son os auténticos beneficiarios desta operación ademais da banca.

Para o BNG non éxiste ningunha oportunidade fantástica para A Guarda, tal comotrata de vender o goberno municipal e os seus aliados, a oportunidade fantástica é para a banca que se libra dun "marrón" e recibe máis de 300.000 €.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí