O BNG e Galiza Nova chaman a participar da concentración en repulsa do feminicidio acontecido na Coruña convocada pola Marcha Mundial das Mulleres para este Sábado ás 20h na Praza do Reloxo (A Guarda).
O obxecto desta concentración é rexeitar o asasinato machista de Mónica Marcos de 52 anos a mans da súa parella quen, a coiteladas, acababa coa súa vida na noite do pasado16 de setembro no barrio de O Birloque (A Coruña). O BNG e Galiza Nova fan un chamamento á veciñanza da comarca a participar da concentración convocada polo colectivo feminista en condena e repulsa do asasinato da última vítima do terrorismo machista no noso país.
Neste sentido, as formacións nacionalistas entenden como prioritario e urxente que tanto o Goberno do Estado como o da Xunta de Galiza, tomen todas e cantas medidas sexan necesarias para rematar con esta lacra.


