Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG ENSUCIA O MOBILIARIO PÚBLICO NA GUARDA

non está permitido por folletos nas fachadas dos edificios públicos ou no mobiliario e equipamento urbano (farois, marquesiñas, contedores...

O Concello da Guarda leva un par de semanas, dende o comezo da nova lexislatura, centrando os seus esforzos en embelecer os espazos públicos.

Fecha: 29 de Junio de 2015

Fuente: Antonio Lomba

O Concello da Guarda leva un par de semanas, dende o comezo da nova lexislatura, centrando os seus esforzos en embelecer os espazos públicos. Para elo estanse a realizar tarefas de mantemento do mobiliario urbano e limpeza de rúas co obxectivo de que a Vila teña a mellor cara para o desfrute dos veciños, visitantes e turistas.

O regulamento de limpeza pública e recollida de lixo, que o novo equipo de goberno ten previsto aplicar de forma rigorosa establece literalmente que "non está permitido por folletos nas fachadas dos edificios públicos ou no mobiliario e equipamento urbano (farois, marquesiñas, contedores...)".

Resulta curioso a vez que lamentable que o grupo político que máis está a criticar as iniciativas levadas a cabo polo anterior goberno socialista no ámbito turístico e comercial, o BNG, sexa o primeiro en deteriorar a imaxe da Guarda, enchéndoa de panfletos pegados sobre mobiliario publico, en moitos casos recen pintado. Se queren facer chegar información a cidadanía teñen a opción de repartila polas casas, como fan os outros grupos políticos.

O equipo de goberno insta ao BNG a retirar a propaganda do mobiliario e, en caso de que sexa necesario, proceder a súa limpeza para que quede nas mesmas condicións que estaba antes de realizar a pegada dos panfletos. Lémbralle ao BNG que os grupos políticos somos os primeiros que temos que velar polo cumprimento da normativa municipal. Así mesmo agradece a súa preocupación polo mal estado dalgúns camiños. Comunicar estas deficiencias ao equipo de goberno fai que o Concello sexa máis eficiente no traballo de mantemento e limpeza dos espazos e mobiliario público. Mellorar a imaxe da Guarda é cousa de todos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones