Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O BNG esixe a inmediata paralización da pretendida humanización da Praza do Reloxo

Ángel Baz: -detrás desta chapuza está o intento do grupo de goberno de boicotear o Plan de Mobilidade realizado pola Deputación de Pontevedra-

Ángel Baz: -detrás desta chapuza está o intento do grupo de goberno de boicotear o Plan de Mobilidade realizado pola Deputación de Pontevedra-

Fecha: 01 de Abril de 2017

Fuente: BNG - A Guarda

O BNG da Guarda, por boca do seu portavoz municipal, Anxo Baz, ven de facer público o seu máis absoluto rexeitamento as actuacións que está levando adiante o Concello na praza do Reloxo.

Segundo Baz "a improvisación e a falta de información aos veciños e veciñas, ademais da ocultación aos grupos da oposición, da obra que se está realizando, mostra ás claras o verdadeiro talante do Alcalde e do grupo de goberno do PSOE."

Todo parece indicar, que detrás desta chapuza que o goberno municipal pretende chamar humanización, con obras illadas, sen coordinación, improvisadas e mal realizadas, está o intento do PSOE, de boicotear o Plan de Mobilidade e o único que van conseguir e un caos circulatorio no Concello afectando á calidade de vida dos guardeses con serios danos para o turismo e o comercio.

Improvisación do goberno do PSOE

A improvisación chega a límites inauditos: cambiaron até 3 veces no mesmo día o deseño da praza, co desconcerto tanto dos traballadores do concello como dos veciños e veciñas.

Esta actuación e outras que se están levando adiante en diferentes puntos do Concello, como o casco histórico, contradín rotundamente as recomendacións do Plano de Mobilidade encargado polo Concello da Guarda, a instancias do BNG, e realizado por técnicos competentes na materia.

Por este motivo facémoslle unha vez máis un chamamento ao Alcalde para que paralice a improvisación e poña en marcha o Plan de Mobilidade para a Guarda.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí