Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG esixe á Xunta un novo acceso sur ao Porto da Guarda

Este proxecto beneficia a actividade no porto da Guarda e desconxestiona Concepción Arenal

Este proxecto beneficia a actividade no porto da Guarda e desconxestiona Concepción Arenal

Fecha: 13 de Marzo de 2017

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción no rexistro do concello da Guarda na que se solicita o inicio dos trámites para a realización dun proxecto novo para o acceso sur da Guarda, en virtude das recomendacións do "Plan de mobilidade da Guarda".

Para o BNG a necesidade de abordar unha mellora real das comunicacións de acceso ao porto da Guarda é un feito máis que demostrado.

Segundo a formación nacionalista, a rúa Concepción Arenal xa non cumpre coa función de comunicación entre o porto da Guarda e o exterior que tivo durante anos, polo que é necesario abordar unha nova vía moderna axeitada ao movemento de vehículos que os usos portuarios xera ao longo do ano.

"Concepción Arenal pasou a ser unha rúa inserida dentro do casco urbano, polo que necesita un uso diferente e o porto da Guarda necesita outra vía que absorba o tráfico que xera", comentou Angel Baz portavoz municipal do BNG.

O PP e o PSOE incapaces de afrontar a saída Sur
Dende o BNG deixan claro que só a falta de interese e a incompetencia do PP e do PSOE fixeron que durante todos estes anos non se fixera absolutamente nada para dotar ao porto da Guarda dunha vía de aceso axeitada, mentres, outros portos galegos tiveron investimentos para a mellora dos seus accesos.


Para o BNG a apertura desta nova vía é unha cuestión de vontade política. "Agora contamos cun documento técnico, o Plan de Mobilidade, que avala esta posición, polo que xa non hai escusas", comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG.


O BNG lembra que as competencias na mellora dos accesos do Porto da Guarda son da Xunta de Galiza, mais o Goberno municipal ten a responsabilidade de esixilo e dar todas as facilidades para que esta nova vía sexa unha realidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones