Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG esixe ao Alcalde da Guarda medidas para a posta en marcha do Plan de Mobilidade da Guarda

A reforma de Concepción Arenal require de pasos previos reflectidos no plan de mobilidade

A Guarda precisa algo máis que bolsas de aparcamento para medrar como vila

Fecha: 20 de Enero de 2018

Fuente: BNG - A Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO insta ao Alcalde da Guarda a posta en marcha de medidas que poñan en valor proxectos como o da rúa Concepción Arenal, estas medidas están plasmadas no Plan de Mobilidade que ten agochado nun caixón o actual grupo de goberno socialista.

"Existen unha serie de medidas que son de competencia municipal e que teñen como finalidade un cambio de modelo para a Guarda. Pensar que a reforma de Concepción Arenal vai solucionar por si mesmo os problemas que ten a Guarda é non entender a obra en si mesma", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

Entre as medidas estarían a creación de rutas peonís seguras aos destinos máis concorridos da vila, consecución de aparcamentos disuasorios, campañas de concienciación sobre uso responsábel do coche e hábitos saudables, transformación do Casco Vello e barrio da Cruzada en espazos de prioridades peonil...

O veto do PP a un novo aceso ao Porto da Guarda


Para o BNG chama atención a actitude do PP, formación política con responsabilidades de goberno na Xunta que ten competencias para dotar á Guarda dun novo aceso ao Porto da Guarda moderno que despexaría o casco urbano da actual saturación de vehículos que padece.


"Os deputados e deputadas do PP deberían vir explicar ao comercio e aos guardeses e guardesas por que o seu partido está en contra da realización dun novo aceso ao Porto da Guarda", sinala Ángel Baz.


Para o BNG un cambio de modelo para a Guarda é o único camiño que pode reverter a actual tendencia que está levando á Guarda a un descenso no censo de habitantes, así como o peche de negocios e o empobrecemento do tecido comercial guardés.


"Ou facemos algo diferente ao que se ten feito até o de agora ou estamos condenados a morrer como pobo. O novo Plan de Mobilidade ten a chave", di Ángel Baz.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones