Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG esixe explicacións a Portos de Galiza e ao Concello da Guarda pola nefasta xestión das obras no porto

Dende o BNG consideran que a actuación foi desastrosa e prexudicial para os negocios da zona, que amosaron sorpresa pola improvisación das obras

Dende o BNG consideran que a actuación foi desastrosa e prexudicial para os negocios da zona, que amosaron sorpresa pola improvisación das obras

Fecha: 05 de Diciembre de 2017

Fuente: BNG - A Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO trata de calamitosa a xestión realizada por Portos de Galiza e polo Concello da Guarda.

Durante a semana pasada realizáronse obras de asfaltado no porto da Guarda. Estas obras realizáronse sen consulta nin previo aviso á veciñanza e ao sector da hostalaría, de forte presenza na zona.

"Nunha fin de semana importante para a hostalaría pola festividade en Portugal, converteuse nunha desfeita pola desidia de Portos de Galiza e o Concello", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

Dende a formación nacionalista, considérase que as obras son necesarias e polo tanto hai que realizalas, pero non é menos importante o xeito de executalas, non deixar en mans da improvisación.

A falta de sinalización, a inexistencia dun operativo de tráfico, a desinformación xeral e a falta de comunicación entre Portos de Galiza e o Concello, causan cuantiosas perdas aos negocios nunha data sinalada.

Dende o BNG esperan que esta situación non se volva repetir cando se realicen obras deste tipo, realizando e tomando as medidas necesarias para manter informada á poboación en xeral e minimizando no máximo posíbel as incomodidades que estas obras xeran.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones