Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O BNG explica o seu modelo de concello diante do comercio guardés

O BNG fai coincidir os resultados do Plan de Mobilidade ao modelo de vila que pretende para o futuro da Guarda

O BNG fai coincidir os resultados do Plan de Mobilidade ao modelo de vila que pretende para o futuro da Guarda

Fecha: 18 de Marzo de 2017

Fuente: BNG - A Guarda

Este mércores día 15 de marzo, o BNG presentou ao comercio guardés o modelo que pretende desenvolver na Guarda que garante o futuro do concello, nun acto que estivo conducido polos concelleiros do BNG, Angel Baz e Xan Lois Lomba.
 






Trala presentación do Plan de Mobilidade por parte do equipo redactor aos distintos grupos municipais, o BNG quere achegar a súa propia valoración do mesmo aos distintos colectivos sociais através de asambleas sectoriais que empezaron cos comerciantes de Concepción Arenal e a súa contorna.

"Todo o que sexa desviarse deste texto é dar un paso atrás na calidade de vida dos guardeses e guardesas e na competitividade da pesca, turismo e comercio", manifestou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
Bolsas de aparcamento disuasorio, peatonalización do casco antigo, rutas escolares seguras, melloras en accesibilidade e na conexión do centro cas parroquias e un vial de acceso Sur ao porto forman parte das medidas que afondan nun modelo de poboación deseñada dende a visión dos colectivos máis sensíbeis como nenos e nenas ou persoas con mobilidade reducida.

"O plan de mobilidade fundamentalmente é un cambio radical na forma de urbanizar que seguiu A Guarda nos últimos 40 anos. É unha aposta decidida por un modelo máis sustentábel, saudabél e de resultados fácilmente contrastabeis", apuntou o portavoz nacionalista.

Dende o BNG ven con incredulidade como o alcalde da Guarda segue aferrándose á idea do doble sentido de circulación en Concepción Arenal, centro neurálxico do comercio guardés, cando o propio plan de mobilidade o desaconsella rotundamente e o comercio da zona tampouco comparte. Esta é a conclusión que quita a formación nacionalista trala reunión mantida cun nutrido número de comerciantes que fixeron as súas achegas e conclusións, todas elas identificadas no plan de Mobilidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí