Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O BNG insta ao goberno do PSOE retire toda a simboloxía fascista na Guarda

O BNG lémbralle ao alcalde da Guarda que debe cumprir coa Lei de memoria histórica e retirar todos os símbolos franquistas dos edificios públicos

O BNG lémbralle ao alcalde da Guarda que debe cumprir coa Lei de memoria histórica e retirar todos os símbolos franquistas dos edificios públicos

Fecha: 13 de Enero de 2017

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego insta ao grupo de goberno do PSOE a que dunha vez por todas a que faga cumprimento da Lei de memoria historia e do acordo plenario para a retirada de toda a simboloxía franquista que hai en diferentes edificios públicos do concello.

Dende o BNG lémbraselle ao goberno do PSOE a existencia de placas conmemorativas na fachada do concello na rúa San Marcos, na praza de abastos, na fonte dos Chanfreiros en San Caetano ou nas casas baratas en Fedorento.

"O Concello, como institución pública, debe cumprir a lei e ser un exemplo para todos os guardeses e guardesas facendo eliminar os símbolos dunha das etapas máis negras da historia", afirmou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

Desde o Bloque Nacionalista Galego consideran lamentábel que o Alcalde, Antonio Lomba, e o seu goberno non cumpran coa lei tal e como logo se lle esixe aos veciños e veciñas da Guarda.

O BNG anima aos guardeses e guardesas a informar no concello sobre placas e inscricións con simboloxía franquista en diferentes edificios públicos para a súa eliminación, así mesmo animamos a eliminar aquelas que aínda poidan existir nos exteriores de edificios privados.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí