Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O BNG insta ao PP a abandonar a demagoxia e esixir cartos a Feijoo para un novo aceso ao porto da Guarda

O BNG acusa ao PP de cinismo político ao falar dos cartos que ten que poñer o concello en Concepción Arenal, cando a Xunta non pon un euro para a construción do novo aceso ao porto da Guarda

O BNG acusa ao PP de cinismo político ao falar dos cartos que ten que poñer o concello en Concepción Arenal, cando a Xunta non pon un euro para a construción do novo aceso ao porto da Guarda

Fecha: 04 de Diciembre de 2017

Fuente: BNG - A Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO insta ao grupo municipal do PP a abandonar a demagoxia na que está instalada para demandar á Xunta de Galiza e ao Presidente Feijoo que poñan cartos enriba da mesa para construír o novo acceso ao porto da Guarda.

O BNG considera que o PP está utilizando de xeito totalmente demagóxico as porcentaxes de custo da obra de remodelación de Concepción Arenal, para esconder a súa incapacidade e falta de proxecto político para a Guarda.

Hai que lembrar que grazas a unha nefasta xestión do PP, que agravou os problemas que xa tiña o casco urbano guardés, a Deputación volta a investir 1.100.000€ para realizar un proxecto pensado nas persoas.

"Queda claro a falta de proxecto cando aínda pensan que o futuro do noso concello pasa porque os camións e autobuses suban e baixen por Concepción Arenal, algo que os expertos en materia urbanística e de mobilidade desaconsellan", comentou Ángel Baz portavoz municipal do BNG.

Tal e como leva sinalando o BNG, a rúa Concepción Arenal pasou de ser unha estrada de aceso ao porto da Guarda, de aí a propiedade da Deputación, a ser unha rúa dentro do casco urbano de carácter vertebral. Esta disfunción leva aparellado unha serie de servizos que son de ámbito municipal e que en boa medida debera pagar o Concello, como o saneamento, iluminación, abastecemento, ...

"O proxecto de Concepción Arenal ten máis dun 40% de custes de servizos urbanos, é dicir, de competencia municipal. Polo que facendo contas non sae tan mal este convenio", sinalou Ángel Baz.

O BNG quere lembrar que estas porcentaxes son as mesmas en concellos de distinta cor política, todo o contrario ao sistema de amiguismo que estivo a utilizar o PP na Deputación con Louzán á cabeza.

Novo aceso sur ao porto
O BNG lembra que é precisamente a Deputación de Pontevedra, dende a área de Mobilidade e Cooperación dirixida polo nacionalista Uxío Benítez, quen está redactando un proxecto para o novo aceso ao porto da Guarda.

"O PP guardés debera estar esixindo aos seus compañeiros na Xunta unha partida para a execución deste novo aceso que desafogue o tráfico de Concepción Arenal abrindo un abano de oportunidades para esta rúa como referente para a Guarda", destacou Ángel Baz.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí