Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG INSTA AO PP A INCORPORARSE A NEGOCIACIÓN ENTRE A ENTIDADE DE CAMPOSANCOS EN O ESTALEIRO J.CASTRO S.L.

Merchi Martínez: O BNG viu unha porta aberta para chegar a un acordo entre a Entidade e o Estaleiro, mentres que o PP foi incapaz de facelo cos anos que leva

Merchi Martínez: O BNG viu unha porta aberta para chegar a un acordo entre a Entidade e o Estaleiro, mentres que o PP foi incapaz de facelo cos anos que leva

Fecha: 03 de Mayo de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego insta ao Partido Popular a sumarse á iniciativa proposta polos nacionalistas de abrir un proceso de negociación para buscar unha solución negociada ao conflito xerado entre a Entidade e a empresa Astilleros Joaquín Castro s.l.

A iniciativa do BNG consiste na celebración dunha reunión entre o presidente da entidade menor de Camposancos, as formacións políticas con representacións na Entidade, unha representación da empresa e dos representantes dos traballadores.

O BNG tivo unha posición de responsabilidade no último pleno da Entidade de Camposancos, en tanto en canto, hai unha empresa que non está a cumprir co acordado. Iso non impediu ao BNG seguir avanzando cara unha solución negociada, dado que foi despois do pleno cando se abriron as posibilidades de chegar a un acordo que, ante todo, ten que ser beneficioso para Camposancos.

"O PP leva anos na Entidade de Camposancos e non aportou ningunha solución. O BNG, en apenas uns meses, abre a posibilidade de solucionar un conflito beneficiándose todas as partes", comentou Merchi Martínez, vogal do BNG na Entidade.

O BNG ve detrás das críticas do PP unha incapacidade por parte desta formación política para ofrecer unha alternativa, tal como está a amosar o BNG con apenas uns meses de representación en Camposancos.

A portavoz nacionalista Merchi Martínez lémbralle ao presidente da Entidade do PSOE que aínda non contestou a iniciativa presentada polo BNG: "O presidente ten obriga de esgotar todos os camiños para acadar un bo acordo. Todos terán que ceder para sentarse a negociar".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones