Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG INSTA AO PSOE DA GUARDA A DEIXAR A DEMAGOXIA E A TRABALLAR POLA IMAXE DA GUARDA

O problema do Alcalde da Guarda é o que din os carteis do BNG, non a súa colocación

O problema do Alcalde da Guarda é o que din os carteis do BNG, non a súa colocación

Fecha: 01 de Julio de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

Para o BNG resulta preocupante que o goberno Guardés estea máis interesado polas accións informativas do BNG que por traballar polo pobo da Guarda.

Ante a demagoxia que utiliza o goberno municipal do PSOE, o BNG sostén que foi a primeira formación política en retirar toda a propaganda ao rematar as eleccións municipais.

Resulta curioso que o PSOE se escandalice cando durante todos estes anos que leva gobernando, practicamente o mesmo equipo, podemos ver cada certo tempo á Guarda chea de publicidade en marquesiñas, en contedores, paredes, farois, sinais de tráfico e indicativas, ....así como valados de obras que hai tempo que están rematadas. Agora preocúpalle unha ducia de carteis con información do BNG, coa mesma ordenanza municipal á que se refire o Alcalde, Antonio Lomba.

"Se fose o alcalde estaría máis preocupado pola limpeza dos contedores e colocación de máis unidades polas parroquias, das rúas, da reposición das papeleiras e de paneis informativos, arranxo de xardíns e parques infantís que son fundamentais para a nosa vila", sinalou Ángel Baz.

En todo caso, dende o BNG instamos ao grupo de goberno a que coloque puntos de información por todo o concello en lugares visíbeis, para así poder aloxar toda a información de carácter social, algo de que carecemos actualmente. A obriga dun concello é a de solucionar os problemas ao pobo e non xerar máis.

O BNG considera unha esaxeración, coa carraxe de quen non soporta a crítica, a nota de prensa no que se acusa ao BNG de ensuciar a Guarda. Sobre todo, cando é moi frecuente que todo tipo de colectivos usen este tipo de accións informativas sen que se xerase esta contestación.

Dende o BNG queremos lembrarlle que a aplicación dunha ordenanza débese facer de oficio, en todo momento e non saltar aos medios de comunicación como se fose algo excepcional, cando o que aparece na rúa non nos gusta.

"O que nos fai sospeitar é que a auténtica razón non son os carteis do BNG, é a información que teñen, que non é do agrado do alcalde e do PSOE" comenta o portavoz municipal do BNG, Ángel Baz.

Dende BNG instamos ao alcalde da Guarda e ao seu grupo de goberno que abandone esta actitude de facer oposición ao BNG que nada beneficia ao conxunto do pobo, que se poña a traballar para mellorar o concello e aquí vai a topar ao BNG colaborando.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones