Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG logra o acordo do Pleno do Concello de Oia para rexeitar o megaproxecto eólico na Serra do Galiñeiro, A Groba e o Merendón

O Pleno da corporación municipal de Oia aprobou a moción do BNG na que se rexeita o megaproxecto eólico na Serra do Galiñeiro, A Groba e o Merendón e ínstase á Xunta de Galiza a declarar espazo protexido a zona.

O Pleno da corporación municipal de Oia aprobou a moción do BNG na que se rexeita o megaproxecto eólico na Serra do Galiñeiro, A Groba e o Merendón e ínstase á Xunta de Galiza a declarar espazo protexido a zona.

Fecha: 02 de Diciembre de 2020

Fuente: BNG Oia

O Portavoz Municipal do BNG no concello de Oia, Xosé Antón Rodríguez, defendeu no
pleno do concello o rexeitamento do Concello de Oia ao megaproxecto eólico previsto no
Galiñeiro, a Groba e o Merendón, que foi aprobado pola corporación municipal.

En palabras do concelleiro nacionalista: “O sistema de implantación de parque eólicos que
defende a actual Xunta De Galiza ten demostrado que non favorece nin a fixación de
poboación, nin a promoción de emprego nin a mellora significativa do servizo eléctrico nin
dos custes da electricidade, e este megaproxecto non vai ser unha excepción.”

Xosé Antón tamén foi crítico co xeito de tramitación deste mega-parque eólico: “Para evitar a
complexa tramitación dun parque eólico de potencia superior a 50 MW, na serra da Groba
proxéctanse instalar 6 miniparques de menor tamaño, o que evita a esixencia dunha
Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE), obrigatoria para todos os plans e proxectos de
carácter supramunicipal tal e como establecen as directivas europeas. A subdivisión dos
parques nestas unidades máis pequenas constitúe claramente unha burla de lei que
vulnera as directivas europeas e dificulta a participación pública da cidadanía na
tramitación destes parques.”

Na mesma moción do Bloque Nacionalista Galego foi aprobado instar á Xunta de Galiza a
declarar espazo protexido na rede natura o Galiñeiro, a Groba e o monte da Valga e
promover políticas orientadas á protección da paisaxe e o medio ambiente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones