Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG pide un apoio masivo para mellorar a vida da veciñanza de Oia

Presentouse a lista completa dos candidatos e candidatas do BNG ao Concello de Oia alí presentes, a equipa que lidera que -quere rachar coa vella forma de facer política do PP-

Presentouse a lista completa dos candidatos e candidatas do BNG ao Concello de Oia alí presentes, a equipa que lidera que -quere rachar coa vella forma de facer política do PP-

Fecha: 09 de Abril de 2019

Fuente: BNG Oia

O acto, con notable asistencia, foi presentado pola profesora Marisa Guerra Canizo que forma parte da lista do BNG ao Concello de Oia. Tomou a palabra en primeiro lugar Cecilia Pérez Orxe, candidata ao Senado nas Eleicións Xerais, animando a traballar pola consecución dos obxectivos do BNG. Falou despois o candidato á Alcaldía de Oia, Xosé Antón Rodríguez, quen comezou a súa intervención falando da orixe do nome co cal é coñecido en Oia, Xúster, pola súa afección ao futbol que practicou desde pequeno, un deporte que lle ensinou o valor do traballo en equipo, un feito que o formou para sempre.

Fixo despois unha exposición do bo facer e o progreso dos concellos gobernados polo BNG en Galiza que son exemplo a seguir. A continuación resaltou a valía dos candidatos e candidatas que presenta o BNG ao Concello de Oia e convidou a todo o mundo a participar nas decisións de goberno dentro do proxecto do BNG, un proxecto do pobo e para o pobo.

"Co cambio podemos construír un concello diferente, deixar atrás un concello que esmorece. Queremos por en marcha unha transformación que aposta por un concello aberto, dinámico, no que o máis importante é que as veciñas ou veciñas teñan mellores condicións de vida", salientou a líder do BNG ante as máis 90 persoas que acudiron á presentación da candidatura ás eleccións do 26M.

"Un cambio que hai que reforzar nas próximas eleccións municipais dándolle un maior apoio ao Bloque Nacionlista Galego, porque canto máis apoio ao BNG máis mellorarán os servizos públicos, máis transparencia haberá no concello e máis impulso cara a transformación social que queremos para Oia ",concluíu o candidato á alacadía Xosé Antón "Xúster"


Por último presentouse a lista completa dos candidatos e candidatas do BNG ao Concello de Oia alí presentes, a equipa que lidera que "quere rachar coa vella forma de facer política do PP" .

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones