Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG preocupado pola falta de política lingüística a prol do Galego na Guarda

Quedamos sorprendidos ao ver o cartel anunciador sobre o Samaín no que o único que ten de Samaín é o nome - comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG

Quedamos sorprendidos ao ver o cartel anunciador sobre o Samaín no que o único que ten de Samaín é o nome - comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG

Fecha: 15 de Octubre de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O BNG fica preocupado pola deriva que está tomar o goberno da Guarda na defensa e promoción do galego tanto nas súa comunicacións como na organización de celebracións intimamente ligadas ao patrimonio cultural galego.

"Quedamos sorprendidos ao ver o cartel anunciador sobre o Samaín no que o único que ten de Samaín é o nome. Non hai unha programación na que se integren colectivos para poñer en valor esta festa na Guarda", comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG.

Para o BNG resulta preocupante que a celebración do Samaín se cinga a un ciclo de dúas películas tituladas en castelán e que pouco teñen que ver coa celebración do Samaín.

Dende o BNG vense detectado actuacións por parte do grupo de goberno do PSOE encamiñadas á anulación do galego como lingua vehicular. Así púxose de manifesto nas pasadas festas do monte cando o concello repartiu uns folletos indicando medidas de seguridade para a tirada dos fogos en español, no canto de facelo en galego.

O BNG considera que este tipo de actuacións, así como a negativa dos diferentes gobernos do PSOE a poñer en marcha un servizo de normalización lingüística para normalizar e potenciar o uso do galego en diferentes ámbitos da vida municipal, como unha mostra clara do pouco compromiso que o goberno da Guarda ten co noso idioma.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones