Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG presenta emenda aos orzamentos da Xunta para un novo aceso ao porto da Guarda

BNG, un ano máis, presenta unha emenda aos orzamentos da Xunta do PP para que dote de partida de cartos e execute un novo aceso ao porto Guarda polo sur

BNG, un ano máis, presenta unha emenda aos orzamentos da Xunta do PP para que dote de partida de cartos e execute un novo aceso ao porto Guarda polo sur

Fecha: 17 de Diciembre de 2018

Fuente: BNG A Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta gobernada polo PP para que se dote unha partida orzamentaria para a construción dun novo aceso ao porto da Guarda pola parte sur, tal como ven facendo o BNG nos últimos orzamentos.

Esta mesma emenda foi presentada polo BNG o ano pasado e rexeitada pola Xunta do PP.

Para o BNG é fundamental o compromiso da Xunta do PP nesta obra. A Xunta de Galiza ten investido nos accesos de diferentes portos de competencia autonómica, polo que se entende que A Guarda ten o mesmo dereito.

"Temos un aceso ás instalacións do porto por medio dunha rúa totalmente urbana, obrigando á que todo o transporte que xera a actividade portuaria pase por aí. A Xunta ten unha débeda histórica co sector pesqueiro de baixura, mentres outros portos foron modernizando os seus accesos, aquí fomos quedando atrás", comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG lembra que foi esta formación política a que tivo que convencer ao Alcalde da Guarda e ao PSOE de que non era necesario o PXOM para desenvolver un novo vieiro de calidade para conectar o porto da Guarda. Así, dende o Departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, dirixido polo nacionalista Uxío Benítez, estase a realizar un proxecto con varias alternativas para a realización dun novo acceso ao porto da Guarda polo sur.

"Agora que o BNG fixo o seu traballo na Deputación, quero ver como o candidato do PP, Roberto Carrero, esixe publicamente ao seu xefe na Xunta a realización, sen demora, deste novo aceso ao porto da Guarda. Outra cousa sería desviar o tema e deixar, unha vez máis, tirada á Guarda", sinala Anxo Baz.

O BNG bota de menos unha maior implicación por parte do Alcalde da Guarda e do seu grupo de goberno neste proxecto. Dende o BNG imos seguir loitando e esixindo á Xunta do PP un trato igualitario a outros portos do país coas mesmas características.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones