Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG presenta moción para a creación de camiños escolares seguros na Guarda

O BNG solicitou por escrito esta medida hai máis de mes e medio sen contestación por parte do Alcalde da Guarda

O BNG solicitou por escrito esta medida hai máis de mes e medio sen contestación por parte do Alcalde da Guarda

Fecha: 18 de Mayo de 2018

Fuente: BNG - A Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha mociónno rexistro do Concello da Guarda para a redacción de proxectos e plans de dinamización de camiños escolares seguros.

Para o BNG os proxectos de camiños escolares son iniciativas dirixidasa que as e os menores poidan moverse con seguridade e autonomía polas rúas e recuperen o uso e goce do espazo público, ao mesmo tempo que repercuten nas formas de organización das vilas.

O BNG lembra que o artigo 31 da Carta dos Dereitos do Nenodi que ten dereito ao descanso e ao lecer, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.

A Deputación de Pontevedra, dentro da súa Estratexia de Mobilidade 3.0, coloca os colectivos máis vulnerables como suxeitos principais das melloras en materia de mobilidadee, neste sentido, unha das principais prioridades é mellorar o contorno para as e os máis pequenos.

"A principios de abril solicitamos por escrito ao Alcalde da Guarda que presentase un proxecto para a redacción dun plan de camiños escolares seguros, pola importancia do asunto. Un mes e medio despois, nin tan sequera nos contestou, polo que nos vemos obrigados a presentar esta moción para que sexa o pleno quen o decida. Esperemos que o resto da oposición estea a altura das circunstancias", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG ten claro que na Guarda hai un bo número de alumnado que se beneficiaría directamente desta liña de subvencións debido á proximidade do seu centro á rúa Concepción Arenalde titularidade da Deputación.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones