Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG presenta unha moción na defensa do galego

Ángel Baz: -as políticas promovidas polo Partido Popular lonxe de contribuír ao uso da lingua galega, procuraron todo o contrario-

Ángel Baz: -as políticas promovidas polo Partido Popular lonxe de contribuír ao uso da lingua galega, procuraron todo o contrario-

Fecha: 16 de Mayo de 2018

Fuente: BNG - A Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción no rexistro do Concello da Guarda nadefensa da lingua galega.

Na moción solicítase o apoio as mobilizacións en defensa da lingua convocadas para o próximo 17 de maio, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, pola plataforma cidadá Queremos Galego.

A moción, tamén se insta a Xunta a que derrogue o Decreto 79/2010 para o plurilingüismono ensino non universitario e o cumprimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e a restituír o orzamento recortado pola Xunta do PP e incrementando as partidas dirixidas á defensa e promoción da nosa lingua.

"Resulta incomprensíbel que ante a xa demostrada perda alarmante de falantes en galego, a Xunta de Galiza siga a mirar para outro lado, esquecendo as súas obrigas como institución pública encargada da promoción e posta en valor do noso idioma", comentou Ángel Baz, portavoz muncipal do BNG.

O BNG sinala que as políticas promovidas polo Partido Popular lonxe de contribuír ao uso da lingua galega, procuraron todo o contrario, tendo o Decreto do plurilingüismo o ariete co que derrubar calquera avance.

O BNG lembra que este decreto prohibe dar certas materias no idioma propio do país, "algo inaudito en ningún país do mundo", comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG- "sito impide que o noso alumnado teña a posibilidade de adquirir coñecementos en galego, e polo tanto, incumprir co mandato de garantir que teñan a mesma competencia nas dúas linguas oficiais.

Dende o BNG tamén queren advertir a falta de compromiso do goberno municipal coa promoción e defensa do galego:" a falta dun servizo de normalización lingüística no concello, tal e como esiximos nos orzamentos, e a pouca deiniciativa municipalestán facendo un fraco favor a presenza do noso idioma na rúa", comentou Anxo Baz.

 Ante a celebración do 17de maio, Día das Letras Galegas, o BNG inicia a campaña de galeguización dos nomes e restitución dos apelidos.

Militantes e concelleiros do BNG no Baixo Miño veñen de participar na campaña para galeguizar o nome e apelido. O portavoz municipal do BNG na Guarda, Anxo Baz animou á veciñanza a facer un esforzo para acabar coas alteracións sobre os apelidos e nomes galegos. A campaña do BNG busca a recuperación dalgunhas das nosas señas de identidade deturpadas como os nomes propios e apelidos.

Xosé Martínez "Tato", concelleiro do BNG en Tui remarcou que a campaña nacionalista , libre e voluntaria non impón nada nin obriga a ninguén, só pretende que impere a cordialidade e o sentido común. Tato lembrou que durante o período franquista resultaba impensable inscribir os nomes en galego , pero na actualidade, os trámites son moi doados.


Para galeguizar o nome e apelidos só é preciso solicitar unha partida de nacemento e mudar o nome no rexistro civil onde figuramos inscritas. O BNG pon a disposición de todas as persoas interesadas a información sobre os trámites necesarios para galeguizar o nome e apelido a través da web bng.gal.

Por outra banda, o BNG no Baixo Miño , fai un chamamento a todas as veciñas e veciños da comarca a secundar a mobilización convocada pola plataforma " Queremos Galego" o dia 17 de maio, ás 12 horas desde a alameda de Compostela. Sairán autobuses desde o Baixo Miño con paradas na Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, cómpre resevar praza no: 616090632/986610465 (tarifa:5€/persoa, agás desempregad@s de balde).


A manifestación de "Queremos Galego", será un acto festivo e reivindicativo a favor da lingua galega. Participarán centos de colectivos e entidades de ámbitos moi diversos que teñen en común a defensa da nosa lingua porque o galego é o elemento que nos une.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones