Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA REGULAR OS PLENOS DA ENTIDADE MENOR DE CAMPOSANCOS

Merchi Martínez: Camposancos ten dereito a saber cando se celebran os seus plenos, trátase de achegar a institución ao pobo

Merchi Martínez: Camposancos ten dereito a saber cando se celebran os seus plenos, trátase de achegar a institución ao pobo

Fecha: 07 de Marzo de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para ao estabelecemento dun calendario de plenos da Entidade Local Menor de Camposancos.

O BNG lembra que o pleno é un dos órganos de funcionamento da Entidade Local Menor; é o momento, o lugar onde os representantes dos veciños e veciñas tratan todos aqueles asuntos, situacións ou problemáticas que afectan ao pobo de Camposancos.

Dende o BNG vemos como non existe ningún tipo de criterio que rexa a celebración dos plenos desta entidade, chegando a haber unha descoordinación entre a Entidade Menor de Camposancos e o Concello da Guarda facendo coincidir os plenos. Os nacionalistas sinalan que ámbalas dúas entidades están gobernadas polo PSOE.

"Trátase facer unha institución máis aberta para os veciños e veciñas, sen limitar a participación na vida política de Camposancos e da Guarda, queremos que calquera poida explicar os seus problemas directamente no pleno" comentou Merchi Martínez, vogal do BNG na Entidade Menor de Camposancos.

Segundo a formación nacionalista é difícil de entender que a estas alturas a Entidade Menor de Camposancos non ten un regulamento de funcionamento, deixando á improvisación do alcalde pedáneo de turno.

Asemade, o BNG propón regular tanto os períodos de celebración de plenos, o número de plenos , así como a estrutura de funcionamento, quendas de intervención, a posibilidade de que veciños e veciñas tamén poidan intervir para amosar os seus problemas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones