Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG PRESENTOUSE COMO A ÚNICA ALTERNATIVA DE GOBERNO E DE ESQUERDAS AO PP NO ROSAL

Alberte Alonso: -Canta máis representación teña o BNG, peor para o PP, mellor para os veciños-

Fecha: 19 de Mayo de 2011

Fuente: Infomiño.com / BNG O Rosal

O BNG presentouse, no mitin celebrado hoxe no Centro Polivalente do Rosal, como a única "alternativa de goberno e de esquerdas ao Partido Popular". Nun local que unha vez máis estaba ateigado de público, o candidato á alcaldía Alberte Alonso, manifestou que foi o BNG quen levou a iniciativa política nos últimos anos, facendo propostas positivas para a veciñanza.

Así, indicou que mentres o PP cala diante da supresión da matrona no Centro de Saúde, ou non fai nada para ampliar a consulta de pediatría, o BNG reivindicou o seu mantemento, a ampliación das consultas especializadas para os nenos e nenas e unha sanidade pública e de calidade.
Dixo tamén, que foi o BNG quen se opuxo ao novo imposto do canon da auga que aprobou e creou o PP co apoio explícito do alcalde. Nese sentido manifestou que só o BNG estivo ao lado dos veciños, defendendo os intereses da maioría, mentres o alcalde adicouse a defender os intereses partidarios e dos seus amigos.
Alberte Alonso tamén se referiu ao novo Plan Xeral, que segundo el, está feito para beneficiar a uns poucos en detrimento do resto da veciñanza e que beneficia especialmente a algún amigo e militante do PP. Criticou así mesmo, a pouca oferta de terreos para vivendas de promoción pública, manifestando que o BNG aposta por ampliar a oferta para que os sectores máis desfavorecidos teñan acceso a unha vivenda digna.
O candidato nacionalista, fixo referencia a unha reunión co comercio local que mantiveron o pasado día 9, na que lle presentaron as súas propostas de Promoción de emprego e de Humanización da praza do Calvario, manifestando que só o BNG se interesou polo sector. Nese sentido, tamén indicou que o nacionalistas son quen de formular propostas para "dinamizar a economía local diante da incompetencia do PP".

"Vivimos nun concello con moitos recursos, pero moi mal xestionados. Temos de todo: Patrimonio cultural e histórico, un clima envexábel, mar, ríos, a serra da Groba e a do Argallo, unha terra moi agradecida para a horta, para o viño, xente emprendedora...pero todas estas potencialidades están desaproveitadas e polo tanto non repercuten na mellora da nosa calidade de vida. Nós queremos polas en valor para xerar riqueza aquí, no noso concello" enfatizou o candidato.

Finalmente, rematou pedindo un último esforzo a militantes e simpatizantes ata o próximo domingo, para convencer a todos veciños posibles para que voten BNG. "Porque temos un proxecto de futuro, alternativo, ilusionante, modernizador, que defende os sectores produtivos e o comercio local, que trata a todos por igual e, en definitiva, mellorará a calidade de vida dos veciños e veciñas do Rosal" dixo. "Canta máis representación teña o BNG, peor para o PP, mellor para os veciños", concluiu.

Apoio a Agrupación Musical
Pola súa banda, Carlos Villanueva, número dous da candidatura, fixo referencia ao mal trato que recibe a Agrupación Musical do Rosal, cunha subvención anual de 18.500 euros e comparouna coa do concello de Salvaterra, tamén gobernado polo PP, que reciben máis de 40.000 euros.

Iniciativas no Parlamento polo mantemento da matrona
A deputada Carme Adán, que estivo apoiando a candidatura nacionalista, fixo referencia ás iniciativas parlamentarias presentadas por ela mesma para recuperar a praza de matrona e a ampliación do servizo de pediatría, e comentou os argumentos dados polo PP no debate parlamentario, no que manifestaron que "as mulleres do Rosal estaban perfectamente atendidas pola matrona da Guarda" e que o único que buscaba o BNG era facer "ruído" e que segundo a deputada nacionalista, mostra a pouca sensibilidade do PP diante dunha merma de servizos para as mulleres e nenos do Rosal.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones