Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG RENUNCIA A NEGOCIAR CO PSOE NA GUARDA

Nesa toma de contacto o BNG non manifestou as súas intencións en ningún sentido.

Nesa toma de contacto o BNG non manifestou as súas intencións en ningún sentido.

Fecha: 18 de Junio de 2015

Fuente: PSOE - A Guarda

Dende que se souberon os resultados electorais, membros electos da Agrupación Socialista da Guarda, con capacidade para levar a cabo negociacións, viñemos mantendo contactos con distintos grupos políticos co fin de negociar e chegar a acordos que permitiran a constitución dun goberno estable para A Guarda.

Co Bloque mantivemos dúas reunións antes do pleno de investidura. Os días 2 e 9 de xuño. Na primeira reunión os Socialistas tíñamos interese en coñecer a postura do BNG respecto a un posible apoio para a constitución de goberno. Nesa toma de contacto o BNG non manifestou as súas intencións en ningún sentido. Rematamos tal e como habíamos empezado, sen achegar puntos de vista.

Dende o Grupo Municipal Socialista, co ánimo de desbloquear as posturas da primeira reunión, decidimos contactar de novo co BNG para manter outra xuntanza e levar unha proposta de mínimos sobre a que traballar. Á segunda reunión levamos por escrito unha proposta detallada na que propoñíamos a formación dun goberno en minoría. A nosa intención era falar desa proposta para empezar a achegar posturas. Insistimos que era unha proposta de mínimos aberta, na que aparecían uns poucos asuntos importantes para A Guarda que entendíamos que o Bloque debía completar. Foi unha gran sorpresa para nos cando, ao rematar a exposición do escrito, os membros do BNG recolleron a proposta e dixeron que a reunión estaba rematada, que tiñan que discutilo en asemblea para darnos contestación. Pola nosa parte insistimos en que podían engadir os temas importantes que lles parecera e preguntamos repetidamente se necesitaban máis datos, obtendo a calada por resposta.

A nosa sorpresa foi aínda máis grande cando obtivemos a resposta a nosa proposta no pleno de investidura. Resulta decepcionante que o BNG non queira achegar posturas, nin sequera intentalo. Que se limite a criticar un documento de traballo publicamente sen haber aportado nada ao mesmo cando se trataba dun documento aberto. Entendemos que a actitude responsable era intentar achegar posturas, buscar o ben da Guarda ou polo menos intentalo. A nosa conclusión é que a intención do Bloque en ningún momento foi negociar nin chegar a acordos co PSOE, simplemente desacreditar a nosa labor cando nin sequera empezamos a gobernar. Non resulta moi construtivo criticar a nosa proposta cando eles non propuxeron absolutamente nada.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones