Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG sinala que o alcalde da Guarda entorpece o remate das obras de Concepción Arenal

Pretende impedir a súa conversión nunha rúa de preferencia peonil enchéndoa de vehículos

Pretende impedir a súa conversión nunha rúa de preferencia peonil enchéndoa de vehículos

Fecha: 27 de Septiembre de 2019

Fuente: BNG A Guarda

O tenente de alcalde do concello da Guarda e portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, informou que o propio alcalde está entorpecendo o remate da rúa Concepción Arenal. "Despois de pasar por unhas obras que se prolongaron no tempo co goberno anterior, provocando a incomodidade da veciñanza e do comercio local, coa chegada ao goberno do BNG, asumindo entre outras a Área de Mobilidade, encargamos a sinalización definitiva e a colocación de bancos, papeleiras e xardineiras".
Anxo Baz, engade que "días despois, o alcalde decide pola súa conta impedir o envío do material da Deputación para paralizar o remate da obra. E onte, a través dos medios de comunicación, a veciñanza entéirase que quere abrir a rúa ao tráfico sen restricións, provocando sorpresa, incerteza e inseguridade viaria e peonil".

Anxo Baz, como concelleiro-delegado de Mobilidade, afirmou que "imos levar adiante converter Concepción Arenal nunha rúa de preferencia peonil, tal como está concebida no Plan de Mobilidade. Chegamos ao goberno para iniciar un proceso de transformación absolutamente necesario, coa idea de aumentar o atractivo da vila, cun espazo público moito máis humano e amigábel coa persoa que anda a pé e que permita unha maior vitalidade comercial".

Finalmente, o portavoz municipal do BNG e tenente de alcalde, indicou que "debemos lembrar que sendo Santa Tegra un dos atractivos turísticos máis visitados de Galiza, so o 1% das persoas visitantes entran na Guarda. Até o día de hoxe, os distintos gobernos que pasaron pola vila, foron incapaces de rendabilizar unha auténtica galiña de ovos de ouro. Agora temos a posibilidade de nos dotar dun espazo público para as persoas, atractivo, que revitalice o noso concello e potencie o comercio e a hostalaría guardesa. A veciñanza non quere un modelo baseado en vehículos invadindo as rúas, dando voltas e máis voltas para aparcar, xa o tivemos e resultou un fracaso".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones