Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O BNG solicita a peonalización de Concepción Arenal na Guarda

Para o BNG a rúa Concepción Arenal debe ser o motor dun novo modelo de pobo con comercio na rúa, persoas paseando libremente: un concello accesíbel

Para o BNG a rúa Concepción Arenal debe ser o motor dun novo modelo de pobo con comercio na rúa, persoas paseando libremente: un concello accesíbel

Fecha: 30 de Marzo de 2017

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para a peonalización da rúa Concepción Arenal da Guarda.

Para o BNG é unha necesidade un cambio de modelo na Guarda no que as persoas, tanto as residentes como as que visitan á Guarda, sexan as protagonistas, relegando o coche a un segundo plano.

O BNG considera que está máis que demostrado que o modelo anterior baseado na acumulación de vehículos nos centros das poboacións son un fracaso, soamente hai que ver a última reforma de Manuel Álvarez: lonxe de aliviar o tráfico e os problemas de aparcamento, hoxe seguimos a tela colapsada.

O BNG lémbralle ao Alcalde da Guarda que é momento de poñer en práctica o Plan de Mobilidade realizado pola Deputación de Pontevedra, froito da moción presentada polo BNG.

"Hoxe temos un documento realizado por técnicos competentes na materia, que certifica que o futuro da Guarda pasa por recuperar a vila para as persoas, facendo un concello accesíbel, tal como vén propoñendo o BNG dende hai anos", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

A moción nacionalista solicita o rexeitamento a calquera actuación contraria ás recomendacións do Plan de mobilidade da Guarda, así como instar ao Alcalde da Guarda a realizar un proxecto diferente, un plan estratéxico de eliminación de barreiras arquitectónicas e promover a concienciación da poboación de hábitos saudábeis e o deseño de camiños escolares para o fomento da autonomía de nenos e de nenas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí