Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG SOLICITA A POSTA EN MARCHA DUNHA NOVA GARDERÍA MUNICIPAL PARA A GUARDA

Para o BNG a falta de prazas na gardería municipal non axuda á conciliación familiar

Para o BNG a falta de prazas na gardería municipal non axuda á conciliación familiar

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Noviembre de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

O BNG presentou unha moción para tratar no pleno do próximo venres na que se solicita a posta en marcha dunha nova gardería municipal da Guarda e a modificación da ordenanza actual para que o servizo afonde realmente na conciliación familiar.

"Ano tras ano vemos como un gran número de solicitudes quedan fóra pola falta de prazas e por unha ordenanza que non facilita a conciliación laboral das parellas, especialmente as mulleres", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

Para o BNG queda claro que a actual xestión da gardería é custosa con respecto a de concellos próximos e ten un número insuficiente de prazas.

O BNG quere lembrar que no seu momento tanto o PP como o PSOE tiveron a oportunidade de traspasar a xestión do servizo de gardería municipal á Xunta de Galiza co conseguinte alivio para as arcas do concello, pero puideron máis as cuestións localistas que a prestación dun servizo mellorado.

A moción nacionalista solicita a petición á Xunta de Galiza da construción dunha gardería municipal dentro da Rede de Escolas Infantís de Galiza, para o cal o Concello da Guarda deberá poñer terreos a disposición do ente autonómico.

Para o BNG é fundamental a conciliación familiar e laboral para favorecer a fixación de poboación no concello da Guarda, polo que aumentar substancialmente as prazas públicas de gardería é imprescindíbel se queremos que a mocidade siga vendo o noso concello como un lugar onde poder desenvolver un proxecto de vida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones