Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG SOLICITA A URBANIZACIÓN DA RÚA MANUEL RODRÍGUEZ SINDE NA GUARDA

O deterioro da rúa urxe un proxecto de urbanización priorizando aos viandantes

O deterioro da rúa urxe un proxecto de urbanización priorizando aos viandantes

Fecha: 15 de Abril de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no rexistro do concello da Guarda solicitando a urbanización da rúa Manuel Rodríguez Sinde.

O BNG sinala que esta rúa do casco histórico guardés está nunhas condicións pésimas, ainda presenta un piso de asfalto sendo un dos tramos que soporta máis tráfico rodado actualmente na zona.

Ante a actual situación de deterioro, o BNG solicita a realización dun proxecto de urbanización que dea solución a unha rede de saneamento obsoleta o que provoca continuas avarías, un firme sen condicións axeitadas, así como unhas beirarrúas insuficientes polas dimensións e polos problemas de acesibilidade ás mesmas.

"Dende o BNG entendemos que é o momento de afrontar un proxecto de renovación da rúa cun criterio ben claro: a acesibilidade da mesma e a prioridade dos viandantes", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG considera importante afrontar a modernización da rúa Manuel Rodríguez Sinde polo seu estado actual e polo perigo que supón tanto para os veciños e veciñas como para as persoas que por alí pasan a diario.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones