Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG SOLICITA ACLARACIÓNS PÚBLICAS AO ALCALDE SOBRE A SITUACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL NA GUARDA

Para o BNG hai que mirar para adiante pero é fundamental aclarar o ocorrido nos últimos anos

Dende o BNG queren deixar claro que o futuro de Protección Civil pasa pola colaboración co Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES)

Fecha: 24 de Noviembre de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

"Para o BNG hai que mirar para adiante pero é fundamental aclarar o ocorrido nos últimos anos"

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha batería de preguntas no último pleno encamiñadas a aclarar o que está acontecer con Protección Civil na Guarda.

O BNG leva anos advertindo do uso das partidas sobre protección civil como gastos telefónicos, gastos de combustíbel de vehículos, así como en que se investiu os cartos recibidos durante estes anos a cargo de Protección Civil, cando apenas había actividade por parte do ente.

Para o BNG é imprescindíbel que se aclaren todos aquelas cuestións que rodean a agrupación de Protección Civil, como quen realizou operativos de Protección Civil cando apenas existía actividade, en que se investiron as subvencións recibidas por ter Protección Civil, así como a legalidade do desvío de fondos e material a outros corpos do concello como o GES, ...
Para o BNG hai unha opacidade absoluta nos operativos realizados cunha directiva accidental pola ausencia de asembleas, eleccións, actas, ...
"Sorprende a insistencia do Goberno do PSOE por tratar de enterrar isto dicindo que hai que mirar cara o futuro. Que hai que esconder?", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O portavoz municipal deixa claro que hai que pedir responsabilidades ao PSOE pola súa xestión municipal, pero algo terá que dicir o PP que durante anos outorgou subvencións para Protección Civil sen controlar o seu funcionamento e destino dos cartos.

En palabras de Xan Lois, concelleiro do BNG, o "goberno do PP-IV acabaron coa agrupación de Protección Civil na Guarda e o PSOE deulle o remate final, agora toca aclarar que pasou cos cartos".

Dende o BNG queren deixar claro que o futuro de Protección Civil pasa pola colaboración co Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES), con competencias claramente delimitadas e asegurando o financiamento de ambos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones