Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG solicita ao pleno da Guarda apoio aos mariñeiros do espada

A moción do BNG solicita o apoio aos mariñeiros de tripulacións afectadas para ter unhas pensións dignas

A moción do BNG solicita o apoio aos mariñeiros de tripulacións afectadas para ter unhas pensións dignas. Foto arquivo: Ángel Baz , portavoz municipal do BNG

Fecha: 19 de Octubre de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O BNG presentou unha moción en apoio ás tripulacións de buques que faenan en augas internacionais, entre eles, a flota palangreira guardesa.
Para o BNG a modificación dos coeficientes redutores aplicábeis á pesca significa que un aumento na vida laboral sufrindo unha grave discriminación fronte a outras pescarías.

"Despois dunha vida de duro traballo, en condicións de perigo e días de mar separados da familia, o goberno do PP modifica as condicións de xubilación destes mariñeiros que os prexudican claramente", comentou Ángel Baz , portavoz municipal do BNG.

O BNG tamén solicita o cambio de modelo que actualmente está baseado na zona e no tamaño de embarcación para ir cara un novo modelo que incentive as condicións reais das actividades profesionais da pesca, recoñecendo aquelas que teñen maior penosidade, perigosidade, sexan insalubres e provoquen sinistralidade.

O BNG considera imprescindíbel o cese inmediato do Director Xeral de Mariña Mercante pola súa incompetencia por descoñecer a realidade da pesca ao aplicar criterios discriminatorios que afectan aos dereitos fundamentais dos traballadores galegos.

Dende o BNG temos claro que xa bastante sacrificio fan estes mariñeiros e as súas familias ao longo da vida para que agora o Goberno español do PP lles conceda "este regalo" ao xubilarse.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones