Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O BNG solicitará á Xunta un plan específico de pesca para a Guarda

O BNG considera que este plan específico de pesca deberá desenvolverse en consenso coa Confraría de pescadores

O BNG considera que este plan específico de pesca deberá desenvolverse en consenso coa Confraría de pescadores

Fecha: 27 de Abril de 2018

Fuente: BNG - A Guarda

A deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, xunto cunha representación do Consello local mantiveron unha reunión co cabildo da Confraría de pescadoresda Guarda para tratar diferentes asuntos que afectan ao sector na Guarda.

Para o BNG a reunión foi moi frutífera, poñéndose de manifesto que o marco onde traballa a flota da Guarda non é comparábel a aquelas que traballan noutras zonas de Galiza. Así, as perdas de días de traballo por mal tempo son moito maiores que nas rías

Na reunión tamén se manifestou a necesidade de ter unha maior flexibilidadenos descansos de fin de semana cando o mal tempo impide traballar na semana para poder aproveitar os sábados e domingos q o tempo o permite, algo que a día de hoxe está prohibido e esta flota.

"Hai que tomar medidas para que o noso sector pesqueiro poida traballar en igualdade de condicións que outras zonas, se queremos seguir mantendo estes postos de traballo", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG comprende o malestar dos mariñeiros guardesestendo que ver como os veciños portugueses si faenan na nosa costa polo pacto de boavecindade e a lexislación portuguesa llelo permiten.

O sector taménreclama que o paro do polbo veña acompañado de axudas económicas como se fai con outras flotas.

Montse Prado amosouse comprensíbel coas reivindicacións do sector comprometéndose a trasladar as súas reivindicacións ao Goberno da Xunta por medio de diferentes iniciativas no Parlamento galego.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones