Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Camiño Portugués da Costa como fío condutor do Obradoiro de Emprego na Guarda

O Concello da Guarda continúa traballando cara á promoción e mellora do tramo do Camiño Portugués da Costa que pasa pola vila, un indubidable revulsivo que está provocando un gran desenvolvemento económico e posibilita a desestacionalización do turismo.

O Concello da Guarda continúa traballando cara á promoción e mellora do tramo do Camiño Portugués da Costa que pasa pola vila, un indubidable revulsivo que está provocando un gran desenvolvemento económico e posibilita a desestacionalización do turismo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Octubre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

  • O Concello da Guarda continúa traballando cara á promoción e mellora do tramo do Camiño Portugués da Costa que pasa pola vila, un indubidable revulsivo que está provocando un gran desenvolvemento económico e posibilita a desestacionalización do turismo.

 

A ruta xacobea é un dos nosos mellores recursos e está sendo, sen dúbida, un factor clave á hora de desestacionalizar o turismo. A afluencia de peregrinos/as prodúcese durante todo o ano, incluso durante aqueles períodos nos que tradicionalmente son considerados temporada baixa para o turismo.

 

É evidente que o Camiño xera economía e sinerxías, grazas a el visítanos xente que consume no comercio local, a restauración e as pernoctacións, por todo isto desde o Concello da Guarda se segue apostando firmemente por fomentar a súa promoción e a mellora das contornas polas que descorre.

 

Froito desa aposta nace o proxecto de obra que se desenvolverá este ano no Obradoiro de Emprego e que estará centrado en mellorar diversos puntos do Camiño ao seu paso pola Guarda. Levaranse a cabo actuacións a nivel de obra, xardinería e forestal en varias zonas de Camposancos, na zona dos Seixiños, baixada á Fedorento, etc.

 

Estas intervencións permitirán embelecer, aínda máis se cabe, estes espazos e, sen dúbida, mellorar a experiencia dos peregrinos e peregrinas que nos visitan para que a súa viaxe pola nosa terra resulte unha experiencia inolvidable.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí