Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CASTRO DA CABECIÑA XA TEN A SÚA CERVEXA

Máis de 500 persoas participaron na I Festa da Cervexa celebrada no castro homónimo o pasado sábado.

Eran catro as cervexas artesás a elixir e a favorita, unha American Amber Ale, porase a venda proximamente baixo o nome deste xacemento situado en Mougás, Oia.

Fecha: 10 de Junio de 2015

Fuente: Proxecto Mougás

Anúnciase o resultado da votación popular para elixir a cervexa "Cabeciña". Máis de 500 persoas participaron na I Festa da Cervexa celebrada no castro homónimo o pasado sábado. Eran catro as cervexas artesás a elixir e a favorita, unha American Amber Ale, porase a venda proximamente baixo o nome deste xacemento situado en Mougás, Oia.

A cervexa Cabeciña é froito da colaboración entre os cervexeiros de Trisk-Ale, de Nigrán, e o Proxecto Mougás, que busca dinamizar esta parroquia do sur de Galicia. "Estamos moi satisfeitos co resultado da festa; probamos unhas cervexas exquisitas e ademais demostramos que o Castro da Cabeciña pode ser un espazo de lecer no século XXI e mesmo unha marca baixo a que distribuír produtos da zona" declarou Xosé Gago, coordinador de Proxecto Mougás.

Durante a xornada do sábado 6 tiráronse 960 cañas, á venda por tan só 50 céntimos cada unha; un prezo moi popular para que os máis de 500 asistentes -segundo estimacións da organización- puidesen probar os catro estilos de cervexa artesá antes de votar polo seu favorito.

As catro receitas foron elaboradas especificamente para a ocasión polos irmáns Roberto e Andrés Toledano de Trisk-Ale. A idea inicial era elaborar cinco estilos pero un deles contaminouse durante a fase de maduración; algo que pode suceder na elaboración de cervexa artesá pola total ausencia de químicos nos seus ingredientes e os estritos controis de calidade.

A pesar deste pequeno inconveniente, os cervexeiros están moi contentos co resultado da festa: "Malia tratarse da primeira edición, acertamos nas expectativas de venda e seguramente achegamos a cervexa artesá a persoas que antes non a probaran. Ademais do bo rato que pasamos nun entorno privilexiado!" comenta Roberto.

Os catro estilos repartidos en oito barrís servíronse ao longo da toda a festa, dende o seu inicio ao mediodía ata as 7 da tarde cando estaba programado o peche de billas. Os asistentes ían votando nunha furna a súa favorita. Tras o reconto a organización revelou hoxe a cervexa gañadora: o carácter aromático e refrescante da American Amber Ale, numerada co tres durante a cata, rebautizada agora como cervexa A Cabeciña.

Os irmáns cervexeiros calculan que entre dúas e tres semanas a cervexa estará á venda en bares da contorna de Oia e arredores e nos circuítos habituais de Trisk-Ale. "Actualmente está na fase de segunda fermentación en botella" comentan.

O estilo American Amber Ale

Trátase dun estilo nacido na Costa Oeste dos Estados Unidos e relativamente recente. É un estilo popular en América que gusta tanto ao público cervexeiro como aos menos iniciados polo seu carácter refrescante e aromático.

En xeral, é un estilo equilibrado no que o amargor do lúpulo e a dozura das maltes adoitan estar compensados. Do mesmo xeito, a porcentaxe de alcohol non adoita ser alta, no caso da cervexa Cabeciña, 4´5º.

En suma, trátase dunha cervexa compensada, de trago doado, e que gustará a todos os públicos. Unha cervexa popular que viaxa dende a Costa Oeste Americana ata nosa Costa Oeste para converterse na cervexa "A Cabeciña".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones