Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: PUBLICIDAD ONLINE INFOMIÑO SALCEDA, AS NEVES, ARBO, SALVATERRA

O Castro dos Penedos dos Mouros abre as súas portas con novas visitas guiadas en xuño

As visitas realizaranse os días 28 e 29 de xuño cun percorrido guiado pola mañá e opción de bolsa do guerreiro galaico

As visitas realizaranse os días 28 e 29 de xuño cun percorrido guiado pola mañá e opción de bolsa do guerreiro galaico

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Junio de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

Os vindeiros 28 e 29 de xuño, o Castro dos Penedos dos Mouros volverá acoller unha nova actividade de divulgación do seu valioso patrimonio arqueolóxico. Trátase dunha visita guiada especial na que, ademais de percorrer os elementos máis representativos do castro, amosaranse petróglifos inéditos descubertos recentemente.

A actividade comezará ás 10:00 horas da mañá, con saída desde a Casa Cultural de Soutolobre. Ao rematar, os asistentes poderán desfrutar dun avituallamento gratuíto. O prezo da visita será de 7 euros por persoa, aínda que tamén se ofrece unha modalidade ampliada de 10 euros que inclúe a coñecida "bolsa do guerreiro galaico". Os menores de 10 anos poderán asistir de balde.

A organización lembra que as prazas son limitadas, polo que se recomenda facer a reserva canto antes. As inscricións poden realizarse a través de WhatsApp nos números 661 509 317 e 697 773 809, ou tamén mediante mensaxe directa polas redes sociais dos organizadores.

Esta visita é unha excelente oportunidade para coñecer en profundidade un dos enclaves arqueolóxicos máis singulares do sur de Galicia, enriquecido cun enfoque participativo e pensado para todas as idades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí