Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O CEIP A Sangriña da Guarda conta xa cun composteiro individual

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria deste centro recibiron unha charla sobre o funcionamento deste composteiro, así coma as vantaxes da compostaxe, como aportar, funcións do estruturante, entre outras.

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria deste centro recibiron unha charla sobre o funcionamento deste composteiro, así coma as vantaxes da compostaxe, como aportar, funcións do estruturante, entre outras.

Fecha: 13 de Abril de 2019

Fuente: Concello da Guarda

Na mañá do venres día 12 de abril de 2019 persoal da Deputación de Pontevedra desprazouse ata o CEIP A Sangriña da Guarda para facer entrega dun COIN ou composteiro individual, actividade enmarcada no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria deste centro recibiron unha charla sobre o funcionamento deste composteiro, así coma as vantaxes da compostaxe, como aportar, funcións do estruturante, entre outras.

Ao remate da charla repartiuse entre o alumnado un sobre con compost.

O Concello da Guarda está adherido ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, un plan que contempla axudas cara as entidades públicas para que comecen a xestionar os seus residuos orgánicos a través da compostaxe.

Dende a Deputación de Pontevedra proporcionanse diferentes ferramentas ás entidades locais; un mestre composteiro, que axude nos primeiros meses ás persoas que vaian aportar, resolvendo dúbidas e calquera incidencia que poida acontecer como, por exemplo, o aporte de materiais que non sexan compostables. No caso de A Guarda, un composteiro individual para xestionar os residuos do cole e, tamén asesoramento na posible futura instalación de centros de compostaxe ao arredor da Vila.

O Concelleiro de Medio Ambiente do Concello da Guarda, Paulino Rodríguez, estivo presente, xunto co Director do Centro, para supervisar a instalación deste composteiro individual, destacando que este é un dos primeiros composteiros que se instalarán na vila, enmarcado na estratexia de redución dos residuos orgánicos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí